Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Concurso de ideas, con intervención de xurado, para a selección dunha proposta de espazo escénico da obra Eurozoone

Convoca: Grupo Chévere coa colaboración do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

Presentación do concurso

As relacións entre teatro e arquitectura adoitan limitarse aos edificios que acollen as representacións escénicas. Pero en realidade teatro e arquitectura son disciplinas que comparten problemas conceptuais semellantes e ambas teñen como misión crear un espazo. A colaboración entre profesionais do teatro e da arquitectura tampouco é frecuente, e menos en Galicia. Un tempo de crise económica, recortes en cultura e parálise da actividade construtora como o que estamos vivindo pode ser unha boa oportunidade para abrir un proceso de diálogo entre linguaxes e provocar sinerxias entre profesionais co fin de actuar xuntos e reforzar a actividade creadora.

Como expresión do seu compromiso con este obxectivo, o grupo de teatro Chévere propón que o espazo escénico do novo espectáculo da compañía sexa o resultado dun traballo feito en colaboración entre profesionais do teatro e da arquitectura. Por esta razón solicita a participación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia ao obxecto de convocar este concurso de ideas para o deseño do espazo escénico da obra Eurozoone, segundo as características e premisas que se especifican nestas bases.

O concurso vai dirixido a arquitectos e estudiantes de arquitectura que poderán integrarse nos equipos nas condicións establecidas nas bases.

Fallo do xurado

Acta do xurado

1º Premio EVERY "DOG" HAS ITS DAY
Javier Domingo Ballestín, arquitecto e arquitecto técnico.

EVERY DOG HAS ITS DAY

O xurado valora a capacidade simbólica do obxecto proposto (a escaleira mecánica) como representación dun non-site (espazo impersoal concibido para o tránsito) e pola súa capacidade para evocar na imaxinación do público un repertorio moi amplo de espazos, distintos pero todos válidos.

Accésit ATRACO PERFECTO
Director de equipo: Jorge García Anta, arquitecto.
Membros do equipo: Fernando Eiroa Lorenzo, arquitecto e Francisco Xabier Barral Fernández, estudante de arquitectura.

Valórase o diálogo crítico que establece coa arquitectura-espectáculo a partír dun exemplo concreto e cercano como a CdC, propoñendo un cambio de escala con implicacións moi suxerentes e divertídas para establecer un xogo teatral.

Accésit NAIPES
Alberto López Porta, arquitecto.

Valórase a natureza arquitectónica da proposta, a partír dunha construción monumental que xera un ambiente suxerente e con múltiples posibilidades formais. Tamén se valora o seu carácter metafórico, en canto alusión a eses "castelos" construídos no aíre.

Documentación

Bases

NOTA ACLARATORIA ÁS BASES:

Ao non consignar as bases de forma expresa a limitación de que cada concursante ou equipo só poida presentar unha soa proposta estanse a recibir consultas a este respecto. Por tal motivo aclárase:

O espírito deste concurso privado pretende potenciar a creatividade e non impoñer limitacións nese sentido e por tal motivo non se expresou tal limitación de forma expresa nas bases. Para aclarar as dúbidas que poidan xurdir ao respecto infórmase que si algún concursante (individual/equipo) desexa achegar máis dunha proposta deberá proceder da seguinte maneira na súa presentación a través da web do concurso:

- Na memoria, que sería un documento único, deberá distinguir y explicar nos termos expostos nas bases, as diferentes propostas que queira presentar, por exemplo: OPCIÓN A, OPCIÓN B...

- Na documentación gráfica deberá respectarse igualmente os límites totais de 10 documentos gráficos (10 en total aínda que se expoña máis dunha proposta) de tamaño máximo de 10MB cada un, e consignarase nos diferentes documentos gráficos si son relativos á OPCIÓN A, OPCIÓN B, ...

Memoria de dirección

Plataforma telemática de presentación de propostas

Plataforma (prazo finalizado)

Á plataforma accedese co usuario e contrasinal de colexiado. En caso de non ser colexiado debe darse de alta aquí: Creación de usuario.

Propostas

Relación de propostas presentadas

O número de propostas presentadas superou as expectativas o que fai necesario prorrogar a data de resolución do concurso ao obxecto de que o xurado poida analizalas debidamente. O fallo do xurado farase público o día 28 de novembro de 2012.

Consultas

Os concursantes poderán formular as súas consultas na dirección:
concursoproxectoescenico@colexiodearquitectos.org

Consultas e respostas de interés xeral

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal