Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Refundación
Congreso de Patoloxía e Rehabilitación
información del programa
información del programa
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
diccionario visual de la construcción
ofertas al colectivo

Exercicio no estranxeiro

A opción de buscar emprego fora de España é unha alternativa cada vez máis considerada por aquelas persoas que buscan emprego. A continuación ofrécense algunhas pautas e referencias que poden axudar á hora de plantexarse a opción e iniciar a busqueda de información. O Consello Superior de Colegios de Arquitectos de España ofrece información específica acerca da estancia no estranxeiro que pode ser de gran interese para o profesional da arquitectura, a través de seu portal corporativo y co acceso á sección da páxina web de la UIA que conten información relacionada co exercicio da profesión por países.

Ademais, débense avaliar todos os factores que condicionarán a estancia noutros países: idioma, cultura, taxa de desemprego, perfil profesional demandado, homologación de titulacións, etc. A páxina web de EURES, o portal europeo de mobilidade profesional, ofrece todo tipo de información sobre ofertas de traballo e as condicións de vida en distintos países. Na mesma liña, pero de iniciativa privada, son outras páxinas especializadas para expatriados como Just Landed, Mundo Expat o Easy Expat, que ofrecen axuda para a busqueda de aloxamento, etc.

Outro dato imprescindible é coñecer qué documentación se necesita para poder traballar nun país. Neste sentido, en primero lugar hai que ter a identificación persoal en regla e en vigor: DNI no caso de viaxar a Europa e Pasaporte se o destino está fora das fronteiras comunitarias, así como a tarxeta sanitaria europea (tríptico informativo),de tratarse de un país europeo. A partir de ahí, os requisitos varían sustancialmente dun lugar a outro e, en termos xerais, esixiráse ter  visados e permisos de residencia e traballo que deben xestionarse antes de viaxar na mayoría dos casos. O Ministerio de Empleo y Seguridad Social ofrece información a través das consejerías no exterior. Pinchando en cada país accédese a diversa información relevante para instalarse nél.

 

 

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal