Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Refundación
Congreso de Patoloxía e Rehabilitación
información del programa
información del programa
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
diccionario visual de la construcción
ofertas al colectivo

Exercicio da profesión

A profesión da arquitectura evolucionou nos últimos anos, así como o mercado de traballo e os ámbitos de aplicación dos coñecementos propios dun profesional da arquitectura. Hoxe en día o arquitecto ten un amplo horizonte de posibilidades para exercer a profesión e, en consecuencia, poden darse distintas formas de regular a situación profesional no marco da lexislación laboral vixente.

Nesta sección faise una introdución ás posibles situacións laborais coas que pode atoparse un arquitecto á hora de plantexarse o exercicio da profesión, xa sexa por conta propia (Profesional Independente) ou por conta doutra persoa ou entidade (Traballador por conta allea ou Profesional Autónomo Dependente), así como un breve resumen das modalidades de constitución dunha empresa (Sociedades) para a opción do auto emprego ou o exercicio da profesión en colaboración con outros profesionais ou axentes.

Por outra parte, ofrécese información acerca  de  bolsas de formación, a través das cales se permite a persoas recen tituladas ou estudantes en prácticas ter un primeiro contacto co exercicio da profesión.

Por último, inclúese información a ter en conta para o exercicio da profesión no estranxeiro.

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal