Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Refundación
Congreso de Patoloxía e Rehabilitación
información del programa
información del programa
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
diccionario visual de la construcción
ofertas al colectivo

Formación

O servizo de formación ten como obxectivo principal a actualización e especialización técnica dos arquitectos, ofrecéndolles a posibilidade de alcanzar un alto grao de cualificación para o desenvolvemento do seu traballo. Neste sentido, tanto se te queres por ao día no desenvolvemento do exercicio profesional coma se quixeras acceder a novos ámbitos de traballo máis especializados, este servizo ofréceche a posibilidade de formarte cos mellores expertos en cada materia.

A oferta formativa estrutúrase en catro áreas: área de ferramentas e medios, área técnica, área de urbanismo e área de xestión. A planificación da formación realízase semestralmente para cada ano lectivo, con cursos elaborados especificamente por e para arquitectos.

Accede aquí ao Plan de Formación do segundo semestre. 

Respecto da formación, a calidade do noso servizo permitiunos ser operador oficial do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) na "Escola en Rede " e, ademais, a organización colexial está homologada pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) como provedor de formación profesional continua.

Por último, nesta sección tamén se incorpora a planificación de Charlas Técnicas, ás que podes asistir gratuitamente, e que posibilitan o achegamento a temas relacionados coa innovación tecnolóxica, nun ambiente propicio para establecer contactos co mundo empresarial.

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal