Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Refundación
Congreso de Patoloxía e Rehabilitación
información del programa
información del programa
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
diccionario visual de la construcción
ofertas al colectivo

Noticias

  • Formación a distancia: curso Técnicas constructivas para unha arquitectura sostible

    Dentro do novo servizo de Formación a distancia presentado polo Colexio, preséntase este curso eminentemente práctico que pretende mostrar como debe facerse un edificio para minimizar os seus custos ambientais e sociais. Dirixido a todos os profesionais que desenvolvan a súa actividade en relación á arquitectura, a construción, o medio e a sostibilidade, que queiran descubrir, as implicacións ambientais e sociais dos materiais e técnicas construtivas que empregamos nos nosos edificios. O curso dará comezo o próximo 21 de maio. Máis información pulsando no título.

  • Xornadas sobre o Réxime Xurídico do Solo Rústico e Solo de Núcleo Rural

    Estas xornadas están dirixidas a Arquitectos e técnicos das diferentes Administracións Públicas vinculados co urbanismo ou calquera profesional interesado en xeral coa materia. O seu obxectivo é difundir as novidades lexislativas en materia de urbanismo en relación ao réxime xurídico do Chan Rústico e Chan de Núcleo Rural e analizar a problemática que xera a súa aplicación. Estas xornadas terán lugar na Escola Galega de Administracións Públicas (EGAP) o día 5 de xuño. Esperamos que sexa do voso interese. Máis información premendo no título.

  • Enquisa sobre os intereses formativos para o curso 2012-2013

    Cara a traballar na planificación da nova oferta que se iniciará a partir de setembro de 2012, elaborouse esta enquisa orientada a coñecer as túas preferencias e necesidades en relación coa túa formación profesional. É unha enquisa breve que che ocupará moi pouco tempo. A túa colaboración é importante. Esta enquisa estará dispoñible ata o próximo 28 de maio. Os resultados obtidos publicaranse no apartado de formación do portal corporativo do Colexio a partir do 4 de xuño. Moitas grazas pola túa axuda. Para acceder á enquisa, preme to título.

  • Novo Servizo de Formación a Distancia para cursos on-line

    Co obxectivo de ampliar a oferta formativa para os arquitectos, o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia presenta un Novo Servizo de Formación a Distancia para cursos on-line dentro da súa Oferta Global de Formación. A través de un convenio de colaboración co Colexio Oficial de Arquitectos de Madrid e coa empresa In-nova, amplíase a oferta de formación actual do Colexio de Arquitectos cunha nova modalidade de cursos non presenciais en formato e-learning (formación a distancia) a través da "plataforma moodle". Máis información pulsando no título.

  • Convenio do Colexio co centro de formación ATINNE para a impartición de cursos no ámbito das aplicacións informáticas

    En razón do convenio subscrito, o centro de formación Atinne ofrecerá condicións económicas especiais para os colexiados subscritos ao servizo complementario de formación e aos precolexiados, vinculados ao Colexio de Arquitectos, na impartición de cursos específicos no ámbito das ferramentas informáticas. Máis información premendo no título.

RSS

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal