novidades

V Xeira Románica. Na procura do románico de Lucus Augusti (12 de febreiro)

A Asociación O Sorriso de Daniel organiza o próximo 12 de febreiro a V Xeira Románica en Lugo. Realizarase un percorrido por diversas igrexas da cidade e visitarase a Catedral. Haberá un xantar conxunta para todos os participantes. Os interesados deberán inscribirse antes do 10 de febreiro.
[Máis información]

Curso “Valoracións inmobiliarias á luz do novo regulamento da Lei do Solo”. 7 de febreiro.

A revista de Dereito Urbanístico e Medio Ambiente (RDU) organiza o videiro día 7 de febreiro en Santiago de Compostela, o curso sobre "Valoracións inmobiliarias á luz do novo regulamento da Lei do Solo".
[Máis información]

2º Concurso de Carteles X Festival Internacional de Cine Euroarabe Amal 2012.

IV Xeira Románica en Santiago de Compostela.

A asociación O Sorriso de Daniel convoca para o vindeiro domingo, 22 de xaneiro, a IV Xeira Románica para visitar o Pórtico da Gloria e o Museo da Catedral de Santiago. Realizarase unha visita guiada polo tecido da cidade. O número de visitantes é limitado e o prazo de inscrición está aberto ata o xoves 19 de xaneiro.
[Máis información]

"Dirección Facultativa de Obras''. Santiago, 24-27 de xaneiro.

O Servizo de Formación da Área Técnica do Colexio de Arquitectos organiza este curso, na sede colexial de Santiago, para abordaros aspectos máis relevantes do desenvolvemento das obras, reflexionando sobre a misión do director de obra como responsable dos aspectos técnicos, estéticos, urbanísticos e medioambientais. Os interesados poderanse inscribirse ata o 15 de xaneiro.
[Máis información]

Novo libro da iniciativa Metagénesix.

Esta publicación recolle o traballo de 30 estudios e 40 proxectos de Arquitectura de xoves arquitectos galegos.

Curso de rehabilitación e revitalización urbana en Galicia: da conservación dos cascos históricos ás areas de rehabilitación integral nos barrios populares.

Este curso desenvolverase na EGAP os luns, martes e mércores, entre o 16 de xaneiro e o 13 de febreiro de 2012, das 16:00 ás 20:00 horas. Achégase ligazón de acceso á páxina web da EGAP na que pode atopar a convocatoria publicada no DOG e o resto de infomación deste curso.
[Máis información]

Xornada Metagénesix na ETSAC. 15 de decembro.

O xoves, 15 de decembro, celebrarase a xornada Metaxénesix: Conferencias, presentación do Novo Libro e Debate, na Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña (ETSAC), a partir das 10:00 horas
[Máis información]

Historias dunha cidade, de Pablo Tomé.

Proxección do documental ‘Historias dunha cidade. Santiago de Compostela, 25 anos Patrimonio da Humanidade’, de Pablo Tomé no CGAC. Mércores, 14 de decembro, ás 20.00 horas.
[Máis información]

Arquitectos en la encrucijada.

Os arquitectos Jaime Rubio Landart e Carlos Gómez Perdomo publican o libro Arquitectos en la encrucijada,  editado por Alianza Editorial. O prólogo foi escrito polo arquitecto Rafael De La Hoz.

VII Premio Auditorio de Galicia 2011.

Jacobo Bugarín, premiado cun dos catro accésits pola súa instalación Sin título. O arquitecto e artista compostelán expoñerá en 9THE13 durante febreiro e marzo de 2012.
Sala de exposicións Isaac Díaz Pardo, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Ata o 4 de marzo de 2012 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas)
[Máis información]

VII Premio Auditorio de Galicia 2011.

Christian García Bello, premiado cun dos cuatro accésits pola súa instalación Todo ardió luminoso, pero no es suficiente. O artista coruñés, que inaugurou co El vals de las sombras a sala 9THE13 en 2009, protagonizará o terceiro aniversario da galería o próximo mes de outubro de 2012.
Sala de exposicións Isaac Díaz Pardo, Auditorio de Galicia (Santiago de Compostela). Ata o 4 de marzo de 2012 (de 10:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas)
[Máis información]

Proxección Curtametraxes Amal Express2011 na USC. Xoves, 1 de decembro, ás 12:00 horas.

Últimas modificacións en urbanismo. O novo Réxime do silencio. Rehabilitación e seguridade xurídica inmobiliaria (RD Lei 8/2011). 15 de decembro no Hotel NH Obradoiro de Santiago (Av. Burgo das Nacións).

Curso de Solid Edge ST2. Do deseño conceptual ao desenvolvemento do produto. Especial "MODELADO CON SUPERFICIES COMPLEXAS".

Este curso celebrarase do 12 ao 21 de decembre, en horario de 9.00 a 14.00 horas, nas dependencias do CIS Galicia (A Cabana s/n, Ferrol). [Máis información]

Exposición Bestiario, na Fundación Granell.

O vindeiro día 17 de novembro, ás 20:00 horas, a Fundación Granell inaugurará a gran mostra Bestiario, da man do copresidente do Padroado da Fundación Granell e alcalde de Santiago de Compostela, Gerardo Conde Roa. Ademais, asistirán varios membros do Padronado da Fundación, como Mercedes Rosón Ferreiro, Xosé Blanco Fondevila ou Francisco Constenla.

Bestiario, que ocupa todo o espazo expositivo do museo, está comisariada pola directora do centro, Natalia Fernández, e permanecerá aberta ata o próximo mes de maio do 2012.

Premios de Arquitectura Ascensores Enor

Premio Ascensores Enor de Galicia
Parque Arqueolóxico da Arte Rupestre de Campo Lameiro, dos arquitectos D. José Valladares Durán, D. Alberto Redondo Porto e D. Marcial Rodríguez Rodriguez de rvr arquitectos.

Premio Ascensores Enor de Castela e León
Aulario da Facultade de Bioloxía e Ciencias Ambientais dos arquitectos Dña. Belén Martín Granizo e D. Daniel Díaz Font de DMG arquitectura.

Premio Ascensores Enor de Madrid
Edificio de laboratorios e almacéns químicos da Universidade de Alcalá de Henares, do arquitecto D. Héctor Fernández-Elorza.

Premio Ascensores Enor de Portugal
Bar no Xardín 9 de Abril, do arquitecto D. José Maria Cumbre e D. Nuno Sousa Caetano de ASPA.

Premio Ascensores Enor Arquitectura Xoven
Ximnasio 704, dos arquitectos D. David Lorente Ibañez, D. Josep Ricart Ulldemolins, D. Xavier Ros Majó e D. Roger Tudó Galí de HARQUITECTES.

O Gran Premio Ascensores Enor ao proxecto:
Museo del Agua, do arquitecto D. Juan Domingo Santos.

Máis información en www.enor.es

Congreso sobre "Rehabilitación eficiente en edificios"

O Energylab, conxuntamente co Instituto Enerxético de Galicia (INEGA), organizan en Santiago de Compostela o próximo 21 e 22 de novembro un congreso sobre “Rehabilitación eficiente en edficios”.

Contarase con representación da administración comunitaria e española, con destacados profesionais do sector, así como con entidades de referencia.

O congreso terá lugar no Auditorio da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela (Polígono das Fontiñas, Rúa de Madrid, 2-4 - 15707 Santiago de Compostela).

Para consultar o programa: http://www.energylab.es/esp/eventos_energylab.asp?nar3=1

As inscripciones formalizaranse enviado un correo electrónico a: info@energylab.es

Haberá prazas limitadas posto que a entrada é libre ata completar o aforo da sala.

Jorge Duarte na SER sobre as propostas da estación intermodal de Santiago

Entrega do V Premio de Arquitectura Ascensores ENOR

O luns, 14 de novembro, celebrarase en Vigo a entrega dos V Premios de Arquitectura Ascensores ENOR. Durante o acto, outorgaráselle unha distinción especial ao arquitecto Eduardo Souto Moura, recente gañador do premio Pritzker.

Fallo do Premio Arquitectura Española CSCAE 2011

O Premio de Arquitectura Española CSCAE 2011, que outorga bienalmente o Consejo Superior de los Colegios de Arquitectos de España, recaeu nesta ocasión no paseo marítimo da praia de poñente en Benidorm, de Carlos Ferrater i Lambarri e Xavier Martí i Galí.

V Xornadas da Paisaxe Cultural do Noroeste 2011: Corredores Verdes

O valor ambiental dos corredores verdes é indubidable e así o recolle a ampla normativa existente nesta materia, tanto a nivel local como europeo. Non obstante, quedar na visión puramente ambientalista de este tipo de estruturas sería renunciar a súa gran potencialidade como elementos estratéxicos de planificación e ordenación do territorio, tanto na escala urbana como rexional.

Nestas V Xornadas da Paisaxe Cultural do Noroeste preténdese reflexionar acerca deste tipo de estruturas baixo diferentes visións e analizando diferentes experiencias tanto en España como noutras partes do mundo, sexa cal sexa a súa escala.

Máis información e inscricións:
http://www.ceida.org/formacion/v-xornadas-da-paisaxe-cultural-do-noroeste-2011-corredores-verdes.html

[ver PDF]

Reunión da Comisión de Cultura da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia

O vindeiro xoves, 10 de novembro, ás 20:00 horas, celebrarase, na sede da Delegación, na Casa da Conga nº 1-1º, unha nova reunión da Comisión de Cultura.

Tras a charla-coloquio sobre o concurso da Estación do Ferrocarril do pasado día 26 de outubro, a Delegación quere darlle continuidade cun ciclo de reunións onde se debaterán asuntos de interese, alternando con encontros para expoñer o traballo a todos os compañeiros. Por iso, a xunta directiva da Delegación recibirá gustosamente calquera suxerencia, ben de temas xerais ou de exposicións particulares que poidan enriquecer ao colectivo.

En caso de nonpoder acudir fisicamente á reunión, pódense enviar as suxerencias ao correo:
xd.santiago@colexiodearquitectos.org

Curso sobre as últimas modificacións en materia de urbanismo. O novo réxime do silencio.

O Centro de Estudios Jurídicos Superiores (CEJUS) organiza para o 15 de decembro un curso sobre as últimas modificacións en materia de urbanismo. O novo réxime do silencio (RD Ley 8/2001) en Santiago de Compostela. [ver PDF]

Reunións de traballo para impulsar solucións de eficiencia enerxética para as empresas en Vigo

A Plataforma Tecnológica Española de Eficiencia Energética (PTE-EE 2011) organiza catro reunión de traballo para impulsar solucións de eficiencia enerxética para as empresas. A cita será o 10 de novembro na Sala de Conferencias do Centro Social Novagalica Banco de Vigo (rúa Policarpo Sanz, 24-26). [ver PDF]

Curso sobre Tramitación administrativa da evaluación ambiental

Trátase dun curso no que a parte teórica desenvolverase a través da plataforma de teleformación do Aula de Formación Continua da Enxeñería Civil de Galicia, en colaboración co Colegio de Ingenieros de Caminos, Canales y Puertos de Galicia, enfocada sobre o entorno moodle. A parte práctica impartirase nunha sesión presencial que se celebrará o 10 de novembro na Escola Galega de Administración Pública (EGAP), en Santiago de Compostela. [ver PDF]

Ordenanza Municipal de Tramitación de Actividades. Concello de Santiago

O pasado xoves, 6 de outubro, aprobouse en Pleno Municipal do Concello de Santiago de Compostela a nova Ordenanza Municipal de Tramitación de Actividades, coa intención de axilizar o proceso de obtención da autorización para a posta en marcha das actividades económicas na cidade. Esta Ordenanza non modifica as condicións técnicas previas que os locais teñen que reunir. [ver PDF]

Xornadas teórico-prácticas de Patoloxías, reparación e esforzó de edificacións

O Departamento de Construcciones Arquitectónicas e Ingeniería del Terreno da Universidad de Valladolid organiza a novena edición das Xornadas teórico-prácticas de PATOLOXÍAS, REPARACIÓN E REFORZO DE EDIFICACIÓNS, que se celebrarán os días 24, 25 e 26 de outubro. [ver PDF]

Os vindeiros 6, 7 e 8 de outubro, terán lugar no Auditorium do Museo do Pobo Galego en Santiago de Compostela unhas Xornadas Técnicas que permitirán presentar os resultados do proxecto e dar continuidade á aplicación dos mesmos.

Cursos sobre Certificación enerxética de edificios: aplicación de solución técnicas innovadoras, do Instituto Enerxético de Galicia

Esta acción formativa, organizada polo INEGA, impartirase en setembro e outubro no Parque Eólico Experimental Sotavento (Xermade, Lugo), en horario de 10.30 a 14.00 horas e de 15.00 a 18.00 horas. [ver PDF]

Curso de Aplicación Práctica de Normativa Energética en la Edificación

Trátase dun curso gratuíto dirixido a arquitectos colexiados ao amparo do convenio de colaboración entre o Instituto Enerxético de Galicia (INEGA) e o COAG. Celebraranse durante los meses de setembro e outubro en Ourense, A Coruña, Lugo e Pontevedra con prazas limitadas a 25 alumnos por curso.

Entrevista a la nueva presidenta en La Voz-Barbanza

Calles y crisis_Por Xerardo Estévez_EL PAÍS