Nesta Delegación, para Compostela e Área de Compostela, estamos sempre abertos á sociedade, para todo aquelo que sexa cultura, innovación e relación, para que sexa un lugar habitual para a compresión da cidade, dos seus cambios e ampliacións e da calidade da nosa forma de vida. Dende a oficina virtual, ademais, pretendemos estender a nosa proposición a todos os que busquen isto mesmo: diversidade.

Evolucionamos coa sociedade e ela connosco.
O noso quefacer está na base da sociedade que o habita, e tanto naqueles proxectos máis tecnolóxicos como nos máis tradicionais, avalíasenos día a día nos traballos que realizamos con e para ela, os privados, ou os públicos, como xestores, como peritos, en restauración e conservación de bens inmobles, en urbanismo, etc.

Gústanos descubrir xente e opinións novas en cada actividade, que se convertan en foros de traballo multidisciplinares, que provoquen discusión e xeren criterios independentes sobre a cultura arquitectónica.

Somos, xuntos, responsables, nós e o resto da sociedade, na administración dos valores das nosas cidades e do noso entorno, é dicir, dos valores urbanos, dos valores espaciais e, en suma, dos valores da nosa cultura.

sede colexio de arquitectos casa da conga praza da quintana santiago de compostela