Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Refundación
Congreso de Patoloxía e Rehabilitación
información del programa
información del programa
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
diccionario visual de la construcción
ofertas al colectivo

Presentación | Historia

Presentación

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é unha corporación de dereito público consituida con arreglo á Lei de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia e que está integrada polos arquitectos, segundo o establecido nos seus estatutos.  Esta organización busca poñer de manifesto o interés público da arquitectura e divulgar os seus beneficios, fortalecendo o exercicio profesional comprometido coa calidade de vida nun desenvolvemento sostible. Así, o Colexio de Arquitectos:

     - Garante a cohesión dos arquitectos galegos, defende os seus intereses e difunde o papel da profesión como actividade que crea de valor público.

     - Convértese nunha organización xeradora de coñecemento, comprometida cunha formación continua que se traduce na percepción social dos arquitectos como profesionais caracterizados pola calidade e excelencia do seu traballo.

     - Desenvolve con eficiencia a prestación de servizos, impulsando a innovación na xestión, optimizando o uso das novas tecnoloxías e realizando a súa actividade baixo os criterios de participación, transparencia e independencia.

     - Constitúese nun espazo aberto á sociedade, consciente da importancia dos arquitectos na sostibilidade ambiental e na mellora da calidade de vida, e que comparte coa sociedade o seu labor cultural de estudo e investigación en materia de arquitectura, planeamento e conservación do patrimonio construído. 

Aínda que as actividades que desenrola organización colexial teñen un forte carácter transversal, pódense configurar entorno a catro líñas de traballo principais: a profesión, os membros, a propia organización e a sociedade. Todo, dende unha perspectiva de innovación e creatividade, de participación transparencia e independencia, de sostibilidade, de colaboración e aproveitamento de sinerxias con outras organizacións, de calidade, de responsabilidade social e cultural e dende a educación, a investigación e o coñecemento

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal