Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Presentación | Historia

Historia

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia créase no ano 1973, por segregación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia (Decreto de 2 de maio de 1973). A Asamblea constitutiva ten lugar en Santiago no mes de outubro do mesmo ano. Desde entón a organización colexial desenrolou unha labor na que se combinan a atención aos aspectos profesionais e de servicio ao colexiado, coa incidencia na problemática de Galicia en aspectos culturais, sociais, económicos e de planeamento, procurando sempre a colaboración e a participación nas esferas político-administrativas, docentes e culturais.

A súa estructura político-organizativa aséntase en dous escalóns, o xeral, cos Órganos de Goberno nas oficinas centrais en Santiago e, o territorial, coas Xuntas Directivas nas delegacións de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

A xestión da organización colexial correspóndelle á Xunta de Goberno e ao seu Decano-Presidente, mentres que as Xuntas Directivas actúan por delegación de competencias da Xunta de Goberno.
Ademáis dos servizos de carácter obrigatorios que lle corresponden como Colexio Profesional, o Colexio de Arquitectos ofrece, entre outros, os seguintes: asesoramento técnico en materia de edificación e urbanismo, formación, cursos e charlas técnicas, asesoramento xurídico, edición de libros e da revista Obradoiro, arquivo histórico, exposicións, premios e becas.

Desde a súa creación os Decanos-Presidentes foron os seguintes: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan González Cebrián (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Tabóas Veleiro (2003-2005); Celestino García Braña (2005-2011); Jorge Duarte Vázquez (2011-2013); sendo o Decano actual Antonio Maroño Cal.

Os actuais Estatutos do Colexio de Arquitectos foron aprobados polo Decreto 293/1999 de 28 de outubro, da Xunta de Galicia e, posteriormente, foron modificados parcialmente polo Decreto 254/2008 de 23 de outubro.

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal