Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Calendario de actividades
Refundación
Congreso de Patoloxía e Rehabilitación
información del programa
información del programa
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
diccionario visual de la construcción
ofertas al colectivo

Noticias

  • Posta en marcha da Oficina de Concursos

    Con motivo da reordenación do servizo que se está levando a cabo e mentres non se remate definitivamente, ponse á vosa disposición unha conta de correo electrónico á que podedes dirixir as consultas e suxerencias que estimedes oportunas, así como un acceso á páxina de concursos do CSCAE www.coag.es/concursos concursos @ colexiodearquitectos . org
  • 23/04/2012. Concurso de Ideas para a nova sede da Confederación Hidrográfica Miño-Sil.

    Despois de diversas xestións realizadas desde o Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, esta mañán fomos informados desde a Confederación Hidrográfica Miño-Sil que a Confederación estima ter fallado o Concurso de Ideas para a nova sede nun prazo non superior a dous meses. Seguiremos informando de calquera novedade que teñamos ao respecto.

  • Reunión entre o Decano do Colexio de Arquitectos e o Consellerio de Presidencia da Xunta de Galicia

    O pasado mes de marzo, o Decano do colexio Oficial de Arquitectos de Galicia mantivo unha reunión co Conselleiro de Presidencia da Xunta de Galicia na que, entre outros asuntos, tivo a oportunidade de entregarlle persoalmente un documento no que se recollen unha serie de reflexións, propostas e peticións do Colexio de Arquitectos referentes á contratación dos servizos de arquitectura por parte das Administracións Públicas.  Accede a unha copia do documento premendo no título.

    Recordámosche que hai unha conta de correo electrónico á que podes enviar as túas suxestións: concursos@colexiodearquitectos org

  • Sinatura do convenio para a remodelación da praza pública do concello lucense de Sober

    O pasado martes día 11 de abril asinouse entre o concello de Sober e o Colexio de Arquitectos de Galicia, un convenio que posibilita a colaboración entre ambos organismos para a remodelación da praza pública deste concello. Neste momento se están redactando as bases e recopilando a documentación gráfica para crear a páxina web do concurso, Delo e da apertura do prazo para a presentación de propostas, darese cumprida conta a través desta páxina web. Máis información premendo no título.

RSS

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal