A Coruña  Lugo  Ourense  Pontevedra  Vigo  Santiago  Ferrol 

cat ·  cultura ·  planeamento ·  servicios dixitais ·  peritos e forenses
INSTITUCIÓN
colexio
decanato
exposicións
premios
prensa

INFORMACIÓN
circulares
novedades
concursos
axudas
emprego
visado
directorio

RECURSOS
normativa
planeamento
documentos
programas
Ofertas COAG

FORMACIÓN
cursos do COAG
biblioteca

EDICIÓNS
técnicas
culturais

ATENCIÓN Ó COLEXIADO
servizo de atención ó colexiado



colexio
 [ Presentación ] Organos colexiais | Como colexiarse | Estatutos e documentación | Delegacións | 

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia créase no ano 1973, por segregación do antigo Colexio de León, Asturias e Galicia (Decreto de 2 de maio de 1973). A Asamblea constitutiva ten lugar en Santiago no mes de outubro do mesmo ano. Desde entón o COAG desenrolou unha labor na que se combinan a atención ós aspectos profesionais e de servicio ó colexiado, coa incidencia na problemática de Galicia en aspectos culturais, sociais, económicos e de planeamento, procurando sempre a colaboración e participación nas esferas político-administrativas, docentes e culturais.

A súa estructura organizativa aséntase en dous escalóns, o xeral, cos órganos centrais na Sede colexial de Santiago, e o territorial, coas Delegacións de A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Vigo, Santiago e Ferrol.

A xestión directiva do COAG corresponde á Xunta de Goberno e ó seu Decano-Presidente. As Delegacións están rexidas por unha Xunta Directiva.

Sectorialmente funcionan no COAG dúas agrupacións profesionais, a Agrupación de Arquitectos Peritos e Forenses e a Agrupación de Arquitectos ó Servicio das Administracións Públicas en Galicia.

Para auxiliar á Xunta de Goberno nos seus cometidos existen tres Comisións colexiais: de Planeamento e Medio Abiente, de Asesoramento Tecnolóxico e de Cultura.

Ademáis dos servicios obrigatorios que lle corresponden como Colexio Profesional, o COAG ofrece, entre outros, os seguintes: información xeral e periódica a través das Circulares, edición de libros e da revista Obradoiro, arquivo histórico, exposicións, asesoramento xurídico e tecnolóxico, cursos, premios e becas.

Desde a súa creación os Decanos-Presidentes foron os seguintes: Andrés Fernández-Albalat Lois (1973-1977); Xosé Bar Boo (1977-1979); Juan González Cebrián (1979-1981); Xabier Suances Pereiro (1981-1983); Miguel Silva Suárez (1983-1986); Arturo Conde Aldemira (1986-1989); José Manuel Rey Pichel (1989-2003); Teresa Tabóas Veleiro (2003-2005); sendo o Decano actual Celestino García Braña.

 



blog coag+
 

de la edificación
 

asesoramiento técnico
 

calendario de actividades
 

blog del programa
 

blog del programa
 

licitaciones construcción
 
Blog de Planeamento Informacion urbanistica de Galicia planeamiento de Galicia
 

visado digital
 

proyecto educativo
 

blog biblioteca COAG
 

blog agam
 

bases de precios
 
  © COAG 2010 - contactar - Aviso legal