Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Presentación | Normas | Regulamento | Procedemento | Informes

Deontoloxía

Un dos fins esenciais do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é ordenar o exercicio profesional no marco das Leis e velar pola observancia da deontoloxía no exercicio da profesión e o respecto debido aos dereitos dos cidadáns, segundo se recollen no artigo 5, apartados b) e c) dos estatutos colexiais. Para a consecución destes fins o Colexio exercerá entre outras, funcións de ordenación e que eviten o intrusismo profesional, velando pola ética e a dignidade da profesión, tanto nas relacións recíprocas entre Arquitectos, coma nas destes cos seus clientes, ao tempo que exercerá a potestade disciplinaria sobre os Arquitectos que incumpran os seus deberes colexiais ou profesionais, tanto legais coma deontolóxicos.

Así mesmo e en virtude das últimas modificacións lexislativas que regulan a actividade dos Colexios Profesionais en aplicación da Directiva Comunitaria de liberalización do sector servizos, tamén é obriga dos Colexios Profesionais resolver as queixas e reclamacións referidas á actividade colexial ou profesional dos seus colexiados, tanto se se presentan por calquera consumidor ou usuario que contrate os servizos profesionais dun arquitecto, coma a través de asociacións e organizacións de consumidores e usuarios en representación ou defensa dos intereses destes, instruíndo, cando proceda e por parte dos órganos colexiais competentes, os oportunos expedientes informativos ou disciplinarios.

Para apoiar e asistir o labor do Colexio de Arquitectos nestes fins e funcións, a Xunta de Goberno, na súa Sesión n.º 4/2012 do 26 de marzo de 2012, considerou oportuno o establecemento e posta en marcha do SERVIZO DE DEONTOLOXÍA COLEXIAL.

Impreso de reclamacións (Enviar a secretaria@colexiodearquitectos.org)

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal