Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Formación

O servizo de formación ten como obxectivo principal a actualización e especialización técnica dos arquitectos, ofrecéndolles a posibilidade de alcanzar un alto grao de cualificación para o desenvolvemento do seu traballo. Neste sentido, tanto se queres poñerte ao día sobre o teu exercicio profesional coma se queres acceder a novos ámbitos de traballo máis especializados, este servizo ofréceche a posibilidade de formarte cos mellores expertos en cada materia.

O programa das actividades de formación preséntase durante o mes de setembro e desenvólvese durante todo o ano lectivo. Este inclúe:

Cursos e xornadas presenciais: actividades formativas dirixidas á actualización e especialización profesional.

Cursos on-line: servizo de formación a distancia para cursos on-line a través da "plataforma moodle".

Outros cursos e colaboracións: accións de formación que o Colexio convenia ou co-organiza xunto con outras agrupacións, entidades ou organismos.

Charlas técnicas: actividades informativas orientadas á actualización e mellora da cualificación respecto aos produtos, sistemas, ferramentas e materiais existentes no mercado.

Visitas técnicas: percorrido guiado polas instalacións das empresas do sector da construción, co fin de aumentar o intercambio de coñecementos entre arquitectos e empresas a partir dos distintos materiais, procesos e solucións.

A calidade do noso servizo de Formación permitiunos:

  • Ser operador oficial do Consello Superior de Colexios de Arquitectos de España (CSCAE) na "Escola en Rede"
  • A homologación como provedores de formación profesional continua pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA).

Actividades formativas do Colexio de Arquitectos:

  • Accede aquí á páxina de cursos.
  • Accede aquí á páxina de charlas e visitas técnicas.

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal