Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Exercicio no estranxeiro

A opción de buscar emprego fora de España é unha alternativa cada vez máis considerada por aquelas persoas que buscan emprego. A continuación ofrécense algunhas pautas e referencias que poden axudar á hora de plantexarse a opción e iniciar a busqueda de información. O Consello Superior de Colegios de Arquitectos de España ofrece información específica acerca da estancia no estranxeiro que pode ser de gran interese para o profesional da arquitectura, a través de seu portal corporativo y co acceso á sección da páxina web de la UIA que conten información relacionada co exercicio da profesión por países.

Ademais, débense avaliar todos os factores que condicionarán a estancia noutros países: idioma, cultura, taxa de desemprego, perfil profesional demandado, homologación de titulacións, etc. A páxina web de EURES, o portal europeo de mobilidade profesional, ofrece todo tipo de información sobre ofertas de traballo e as condicións de vida en distintos países. Na mesma liña, pero de iniciativa privada, son outras páxinas especializadas para expatriados como Just Landed, Mundo Expat o Easy Expat, que ofrecen axuda para a busqueda de aloxamento, etc.

Outro dato imprescindible é coñecer qué documentación se necesita para poder traballar nun país. Neste sentido, en primero lugar hai que ter a identificación persoal en regla e en vigor: DNI no caso de viaxar a Europa e Pasaporte se o destino está fora das fronteiras comunitarias, así como a tarxeta sanitaria europea (tríptico informativo),de tratarse de un país europeo. A partir de ahí, os requisitos varían sustancialmente dun lugar a outro e, en termos xerais, esixiráse ter visados e permisos de residencia e traballo que deben xestionarse antes de viaxar na mayoría dos casos. O Ministerio de Empleo y Seguridad Social ofrece información a través das consejerías no exterior. Pinchando en cada país accédese a diversa información relevante para instalarse nél.

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal