Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Presentación | Historia

Presentación

O Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia é unha corporación de dereito público consituida con arreglo á Lei de Colexios Profesionais da Comunidade Autónoma de Galicia e que está integrada polos arquitectos, segundo o establecido nos seus estatutos.  Esta organización busca poñer de manifesto o interés público da arquitectura e divulgar os seus beneficios, fortalecendo o exercicio profesional comprometido coa calidade de vida nun desenvolvemento sostible. Así, o Colexio de Arquitectos:

  • Garante a cohesión dos arquitectos galegos, defende os seus intereses e difunde o papel da profesión como actividade que crea de valor público.
     
  • Convértese nunha organización xeradora de coñecemento, comprometida cunha formación continua que se traduce na percepción social dos arquitectos como profesionais caracterizados pola calidade e excelencia do seu traballo.
     
  • Desenvolve con eficiencia a prestación de servizos, impulsando a innovación na xestión, optimizando o uso das novas tecnoloxías e realizando a súa actividade baixo os criterios de participación, transparencia e independencia.
     
  • Constitúese nun espazo aberto á sociedade, consciente da importancia dos arquitectos na sostibilidade ambiental e na mellora da calidade de vida, e que comparte coa sociedade o seu labor cultural de estudo e investigación en materia de arquitectura, planeamento e conservación do patrimonio construído.

Aínda que as actividades que desenrola organización colexial teñen un forte carácter transversal, pódense configurar entorno a catro líñas de traballo principais: a profesión, os membros, a propia organización e a sociedade. Todo, dende unha perspectiva de innovación e creatividade, de participación transparencia e independencia, de sostibilidade, de colaboración e aproveitamento de sinerxias con outras organizacións, de calidade, de responsabilidade social e cultural e dende a educación, a investigación e o coñecemento

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal