Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Bolsas de formación

Actualmente existen diferentes modalidades de bolsas de formación ás que poden acceder os Titulados sen experiencia ou estudantes para, a través de éstos, incorporarse ao mundo laboral e obter experiencia na súa profesión. Neste sentido, en Galicia pódese acceder a programas de formación profesional para estuciantes ou titulados á través de entidades como FEUGA - Fundación Empresa Universidade Galega, FUAC - Fundación Universidade de A Coruña e o Consello Social da Universidade de Santiago, neste último caso incluso para prácticas no estranxeiro a través do programa 'Europracticum'.

As BECAS FARO e as BECAS ARGO GLOBAL son programas de movilidade para a formación complementaria no extranxeiro de titulados universitarios.

En relación á regulación legal de ditos programas formativos, o 27 de outubro de 2011 publicouse no Boletín Oficial do Estado o Real Decreto 1493/2011 que establece a obrigatoriedade de inclusión das persoas que participen en programas de formaicón (Becas de formación ou Prácticas para estudantes) en empresas, organismos ou entidades, no Réxime Xeral da Seguridade Social, como asimilados aos traballadores por conta allea.

Para o colectivo de arqutiectos que realizan ou realizaron un progama formativo nunha empresa ou entidade pública ou privada, esto significa unha mellora sustancial das súas condicións ao ser considerada esta situación como asimilada á alta dun traballador por conta allea (ten os mesmos efectos), incluíndoos no Réxime Xeral da Seguridade Social a efectos de cotización por enfermidade ou accidentes profesionais, ademáis de poder sumar estos períodos formativos como tempo de cotización a efectos de xubilación, segundo a lexislación actual vixente.

Para os empresarios, estudios de arqutiectura, Sociedades Profesionais, etc., que acollan a becarios con programas de formación, a regulación de esta situación obligalles a efectuar unha cotización á seguridade social polo período que realizan a beca ou prácticas en empresa. Este novo marco normativo establece que o empresario obligado é aquel que se realiza la compensación económica ao becario ou estudante en prácticas. No caso das becas a través de FEUGA ou FUAC, serán éstas entidades as que asuman as obrigas legais que se establecen.

Máis información:

Páxina WEB da Seguridade Social

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal