Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Colegiación 2014
Calendario de actividades
Axenda de Goberno Colexial
Ley de Servicios Profesionales
proxectoterra
UAAAP
laboratorio de ideas
Arquitectos Galicia TV
Xestión patrimonial
en tránsito
información del programa
información del programa
diccionario visual de la construcción
Consejo Superior de Colegios de Arquitectos de España
Ofertas ao colectivo

Guía de redacción de documentación técnica de traballos profesionais

Dentro do plan de mellora do servizo de visado, enmárcase o proxecto de normalización, no que unha das liñas de traballo principais é o "labor de documentación" que ten como obxecto recoller toda a información necesaria para levar a bo termo cada un dos trámites relacionados co proceso de visado no Colexio de Arquitectos de Galicia.

Con ese obxecto elabórase a "Guía de tramitación do servizo de visado" da que forma parte a "Guía de redacción de documentación técnica de traballos profesionais" para facilitar a súa consulta previa ou independente á presentación da documentación no Colexio.

En función dos principais traballos profesionais dos arquitectos, a guía de redacción estrutúrase en tres grandes grupos:

I. Traballos profesionais de edificación

Agrúpase baixo este epígrafe a documentación correspondente aos principais traballos profesionais que poden desempeñar os arquitectos relacionados co proceso edificatorio, ao longo de todas as súas fases e en función das diferentes circunstancias e características.

II. Traballos profesionais de urbanismo

Esta categoría agrupa a información correspondente aos traballos profesionais relacionados coa elaboración de instrumentos de plan urbanístico e a súa execución.

III. Outros traballos profesionais

O resto dos traballos profesionais que non se enmarcan nun proceso edificatorio ou urbanístico agrúpanse baixo este título.

Cada un destes grupos está formado por un conxunto de fichas que conteñen a información necesaria para a redacción e tramitación de cada un dos diferentes tipos de documentos técnicos que o arquitecto debe de elaborar en función do traballo profesional que estea a desenvolver e da fase do proceso na que se encontre.

Coa clasificación e organización destas fichas preténdese guiar, dunha forma sinxela e intuitiva, na toma de decisións necesaria para a redacción da documentación, dende o inicio ata o final do proceso.

 
Descargar o capítulo de INTRODUCIÓN

Twitter Facebook

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal