Día Mundial    Cadernos de Viaxe     Cinecidade

5 de outubro

Polo uso da man nace e evoluciona a nosa especie. A separación entre a cabeza e a man non é só de natureza intelectual, máis tamén é social.

Entendemos a artesanía coma un impulso humano duradeiro e básico, na que latexa o desexo de facer ben unha tarefa, na que a técnica é unha cuestión cultural.

A Delegación do COAG en Santiago plantexa a necesidade de repensar o oficio en claves que, aínda vivas, están esquecidas. Con motivo do Día Mundial da Arquitectura iniciamos unha serie de actos que pretenden profundizar no estado do noso oficio e, quizáis, na súa reformulación.

Frente á incertidume do momento prantexamos un optimismo pragmático baseado nos vellos coñecementos, froito de antergas necesidades e mirando cara o futuro coa ollada posta nunca búsqueda dun entendemento profundo do presente.

A exemplificación, en si mesma unha reflexión máis, do ideario que propoñemos levarase a cabo no encontro entre as prazas da Quintana e Praterías e a Casa de Conga e a Catedral relacionándose coa Vía Sacra e a Casa da Parra.

Proponse un exercicio de colaboración entre oficios, novas e vellas tecnoloxías e materiais tradicionais e innovadores.

O traballo pretende acadar varios niveis simbólicos nun dos nós urbáns máis significativos da cidade de Santiago. En primerio lugar lémbrase que a aparición de novos materiais ou novos problemas ao longo da historia non plantexaron tecnoloxías exnovo senón que estas partiron das xa existentes. Un segundo nivel é o da necesaria colaboración dos oficios, non só na realización dun traballo concreto senón tamén no intercambio de coñecementos que abren novos camiños. O terceiro fala da importancia que a preservación e transmisión deste tipo de coñecemento supón como capital social e humano necesario para afrontar a nosa urxente necesidade de crear e habitar contornos sostibles. Como sociedade non podemos permitirnos prescindir desta enerxía. Os últimos niveis fan referencia a unha das esencias do noso oficio, o lugar. A intervención realizase nunha encrucillada de espazos urbanos e edificios de indudable significado cidadá, pretendéndose, somentes, unha pequena reflexión sobre a gran calidade e densidade espacial do lugar.

Todo este proceso materilízase nunha vide de cobre reciclado, que medra dun piar da Casa da Conga e sarmentos de luz que tentan acadar os muros da Catedral.






ACTIVIDADES DO DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2009

>> Invitación ao acto inaugural.

>> Blog da Delegación de Santiago do COAG para conmemorar o Día Mundial da Arquitectura.

>> Ummagumma Rock and Roll Explosion é o grupo escollido pola Delegación de Santiago do COAG para poñer a nota musical ao Día Mundial.

>> Galería de fotos de Bernado Diéguez Morán.

>> Nota de Prensa (05.10.09).

>> Fotos acto celebración:


OUTROS ANOS:

2008: Serradoiros da bisbarra de Compostela
2007: Casa da Conga
2006: Monte Pío: Residencia Presidente da Xunta
2005: Conservatorio Profesional de Música de Santiago
2004: Mercado de Abastos
2003: Escola de Maxisterio
2002: Rehabilitación do restaurante Casa Manolo
2001: Casa de máquinas da rúa Galeras
2000: Edificio de vivendas da rúa Doutor Teijeiro