Día Mundial    Cadernos de Viaxe     Cinecidade

A Delegación de Santiago do Colexo Oficial de Arquitectos de Galicia elixiu un grupo de serradoiros abandonados da bisbarra de Santiago de Compostela, para celebrar o día mundial da arquitectura.

O motivo é a súa consideración como exemplos dunha arquitectura popular de uso industrial, cunha mirada en clave contemporánea: a súa falta de pretensións estéticas mantivo esta arquitectura allea a prexuízos e formalismos e, ao mesmo tempo que se cingue tan estritamente ás necesidades do seu uso e á contorna, que agora nos resulta, ademais de atractiva, unha auténtica lección de futuro.

A relación que establecen coa contorna natural é consecuencia direita dos procesos de transformación do produto e da relación co medio que os sostén. Ofrécennos, xa que logo, unha forma de comprender o territorio, que supera tanto visións morriñentas e superficiais da natureza como as baseadas no dominio indiscriminado do home sobre o/seu mundo.

A súa implantación, próxima ás materias primas, apoiándose en accidentes xeográficos e vías de distribución, permite un aproveitamento eficiente dos recursos dispoñibles (zonas en pendente, correntes fluviais, mareas, etc.) para a obtención, transformación e transporte da madeira, dando forma, ao mesmo tempo, á paisaxe da que se nutre.

A materia prima, a madeira, a súa provisión e a reutilización dos seus residuos (cortiza como combustible, follas de serra para valados e armado de muros…), crea un universo sobranceiro, característico da devandita industria, remitente ao papel activo e positivo do ser humano como axente xerador de paisaxes.

Por outra banda, esta industria foi motor económico para moitas zonas de Galicia, pola abundancia e calidade da materia prima.

Se temos en conta que agora se abre un importante mercado para a madeira, polas esixencias de confort e o reto de crear procesos e contornas sustentables, estes edificios e a súa relación íntima coa materia prima que os orixinou, son un exemplo idóneo para construír a arquitectura do noso tempo, a arquitectura dun FUTURO MELLOR.














OUTROS ANOS:
2007: Casa da Conga

2006: Monte Pío: Residencia Presidente da Xunta
2005: Conservatorio Profesional de Música de Santiago
2004: Mercado de Abastos
2003: Escola de Maxisterio
2002: Rehabilitación do restaurante Casa Manolo
2001: Casa de máquinas da rúa Galeras
2000: Edificio de vivendas da rúa Doutor Teijeiro





Obra: Serradoiros da bisbarra de Compostela
ACTIVIDADES DO DÍA MUNDIAL DA ARQUITECTURA 2008

>> Instalación: Onde vai? Arquitectura da Madeira. Serradoiros da bisbarra de Compostela.


>> Ver galería

>> Descarga el dossier de prensa