Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

Arquitecto, pintor e escultor, Joaquín Vaquero Palacios naceu en Oviedo en 1900, comenzando a pintar e expoñer mentras realizaba os seus estudios na “Escuela de Arquitectura de Madrid”.
Iniciar o estudio da súa obra arquitectónica significa plantexarse a problemática e evolución de gran parte da arquitectura española do século XX, posto que o seu traballo comenza en 1929 e finaliza nos anos 80. Desde formación basada no Clasicismo, nos anos 30-40 atraviesa unha segunda etapa racionalista que se desenvolve casi na súa totalidade en Oviedo, na que os seus proxectos se adhiren ás linguaxes do movemento moderno e continúa cunha evolución Historicista, anos 40-50, etapa que se desenvolve entre Galiza e Madrid, aparecendo con maior profusión a escultura nos seus edificios. A partir dos anos 50, su arquitectura retoma as linguaxes do movemento moderno. Do 1950 ó 1965, o arquitecto reside en Roma, rematando a súa labor como arquitecto coas Centrais Eléctricas en Asturias (Salime, Miranda, Proaza, Aboño e Tanes).
Esta traxectoria arquitectónica se corresponde cunha actividade pictórica paralela, que os seus biógrafos dividen tamén en cinco etapas. Concluida a súa dedicación profesional como arquitecto continúa a súa búsqueda constante na pintura.
Destacaremos tamén as súas actuacións no patrimonio Histórico que inicia coas primeiras restauracións en Galizaa en 1938 e finaliza en Segovia nos anos 80. Ó longo destes 50 anos, Vaquero mantivo similares criterios de intervención en todas as súas obras, a pesar de que no panorama nacional as leis, criterios e métodos foron evolucionando.
A maior aportación do traballo artístico de Vaquero Palacios foi a integración das artes plásticas. Esta preocupación atópase en toda a súa obra de arquitectura, buscando dun modo apaixoado a consecución do Arte Total. Dende as súas primeiras obras, observamos relieves, pinturas e esculturas que en ocasións intentan reforzar a propia idea arquitectónica e noutras serven de ornato ós distintos ambientes e espacios.

O MERCADO DE ABASTOS EN SANTIAGO DE COMPOSTELA:
Proxéctase no ano 1938, finalizándose as obras da súa construcción no ano 42.
Este edificio pode considerarse a obra cumbre da etapa galega de Joaquín Vaquero Palacios e unha das máis interesantes da Arquitectura española da época, que nembargantes, pasou desapercibida no seu momento. Destacaremos a acertada resposta a un entorno comprometido, e a sabia e racional interpretación das tradicións constructivas locais e modernas, postas ó servicio dunha interesante solución tipolóxica, todo elo sen olvidar a funcionalidade que demostrou ó longo destes cincuenta anos de servicio.
O traballo consistiu na construcción do Mercado Municipal no mesmo solar sobre o que se encontraban as ruinas do antigo, un edificio modernista, do cal se aproveitou a súa cimentación. Está situado en pleno centro histórico de Santiago, entre as igrexas de San Fiz e San Agustín. Ademais da dificultade de dar resposta a ese entorno monumental, presentaba a necesidade de tratamento do desnivel existente entre a plataforma en que debía ubicarse e a Rúa Virxe da Cerca, situada nun nivel inferior.
Lonxe da tipoloxía tradicional dos mercados do século XIX e principios do XX, o arquitecto opta por unha solución que continúa xenerando trama urbana, mediante dous bloques que se dividen en catro espacios adousados de forma que orixinan rúas perimetrais e conforman unha praza central..
O edificio emparéntase directamente coa arquitectura prerrománica asturiana de Santa María do Naranco ou San Salvador de Valdedios e coas pequenas igrexas románicas galegas como San Miguel de Bréamo.
Da vontade de integrar elementos escultóricos no conxunto, só podemos observar os relieves do edificio central. Outros motivos ornamentais proxectados, como os baixorrelieves das fachadas ou as figuras que debían rematar as pilastras do muro sobre Virxe da Cerca e sobre as reixas de entrada, non chegaron a realizarse.

OUTRAS OBRAS DE JOAQUÍN VAQUERO PALACIOS EN GALIZA:
• Inventa e patenta o sistema VAQLAN (VaQuero LANtero) e organiza a súa fabricación en serie nos talleres Lantero en Vilagarcía de Arousa.
• Proxecto de Hotel-casino na plaia de Panjón. Vigo. (Non construído)
• Escola de Traballo, actualmente Instituto de Formación Profesional San Clemente. Santiago de Compostela.
• Adaptación e ampliación do Colexio San Clemente, actualmente Instituto Rosalía de Castro. Santiago de Compostela.
• Laboratorios Miguel Servet (1939). Vigo.
• Casa Baladrón (1937-1943). Ponte Maceira.
• Consolidación da Iglexa da Compañía (1937-1941). Santiago de Compostela.
• Restauración del Mosteiro de Sobrado dos Monxes (1937-1941).
• Casa Baltar. Santiago de Compostela.
• Edificio para o Aeroporto de Labacolla. (Non construído).
• Casa Villar Iglesias. Estrada Santiago-Padrón.
• Reforma da Biblioteca da Facultade de Ciencias (1941-1950). Santiago de Compostela.
• Mural para a Factoría Petrolíber (1965). A Coruña.






Obra: Mercado de Abastos
Arquitecto: Joaquín Vaquero Palacios