Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

Manifesto da Comisión de Cultura 6 de Outubro de 2003

Asi pois, a celebración do día de hoxe, 6 de Outubro, auspíciase baixo a frase “FESTEXANDO A CIDADE”.

Dende a comisión de cultura fixemos nosas as verbas “festexar” e “cidade”, entendendo que debiamos conxugar o sentido de pluralidade, de globalidade que posue a verba cidade, coa verba festexar, que atende xa máis a unha experiencia personal, ó xeito en que cada un de nós interpreta positivamente o entorno e a escenografía da súa propia vida cotián.

Coidámonos, tamén moito, de ver onde deixar pousar os nosos ollos, de participar con ledicia dunha obra que dende a arte da arquitectura, xa forma parte de esa “memoria colectiva”, de ese acontecer diario, da suma de recordos, pensamentos, esforzos, anécdotas, persoeiros…que van conformando a nosa realidade, a nosa cultura feita forma, feita cidade.

O edificio no que agora nos atopamos, a Escola de Maxisterio, foi a obra elexida este ano para albergar este acto conmemorativo do Día mundial da Arquitectura.
Entendemos que é un edificio que axudou a facer cidade e que os seus valores arquitectónicos merecen desenpolvarse e ser sacados á luz nesta oportunidade que hoxe se nos presenta.

Así pois, imos comentar agora uns pequenos apuntes biográficos do seu autor, o arquitecto Fernando Moreno Barberá, que nos axuden a situar o edificio no seu correcto contexto e a comprender mellor os valores dunha obra, que consideramos que por chegar ós nosos días, merece ser considerada tamén, como actual, útil, contemporánea, e que ademáis permítenos volver hacia atrás no tempo, para retomar o camiño e seguir de novo cara adiante.

Fernando Moreno Barberá, naceu en Ceuta no ano 1913. Foi fillo de pai militar destinado nesa cidade, e a súa nai era de orixe valenciana. Obtivo o título de arquitecto no ano 1940 na Escola de Arquitectura de Madrid, e ata o ano 1943 amplia a súa formación nas cidades alemanas de Berlín e Stuttgart, onde traballa no estudio de Paul Bonatz ( un dos 27 arquitectos do réxime de A. Hitler xunto con Adolf Speer , foi autor por exemplo, da estación de ferrocarril de Stuttgart ).

Entre as obras máis significativas de Moreno Barberá destacan:
+ O Centro de Investigacións Calvo Sotelo, en Madrid, do ano 1945.
+ A Facultade de Dereito, en Valencia, do ano 1956.
+ A Escola de Maestría Industrial, en Monforte de Lemos, do ano 1959.
+ A Facultade de Ciencias, en Madrid, do ano 1964…
…ademáis de outras obras tamén de carácter institucional e tamén relacionadas co mundo do ensino.

A Escola de Maxisterio de Santiago, pertence xa á derradeira etapa da súa obra, obra que coincide coa introducción tardía en España, dunha arquitectura moderna que estaba inspirada naqueles momentos, nas obras de Mies Van der Rohe e Le Corbusier, e que axiña veríase afogada pola imposición dun pretendido “estilo nacional”.
Moreno Barberá aposta por unha decidida postura a favor do “carácter internacional da arquitectura”, e deste xeito identifícase co funcionalismo de gran “rigor técnico e constructivo”, e coa abstracción formal coma componente dos seus edificios.
Neste edificio de finais da década dos sesenta (1968-1971), Barberá decántase por seguir experimentando coas posibilidades dos postulados modernos, é dicir, da racionalidade, do lugar, da técnica en pro da arquitectura, do control climático mediante ventilacións cruzadas a través de patios, en definitiva, usando, coma argumentos, temas de novo hoxe en día, de moi fértil utilidade e actualidade, coma por exemplo o concepto de sostenibilidade, ou o de seriación ou prefabricación…
Trátase dun proxecto emblemático, que corresponde cos obxetivos marcados neste periodo.

O programa requerido incluía a construcción ademáis dunha Escola de Maxisterio, de Grupos Escolares de Prácticas e dunha Residencia para Estudiantes. Moreno Barberá optou por unha distribución volumétrica destes usos, articulando as distintas pezas principias, mediante volúmenes que conteñen o resto do programa requerido e de menor extensión, tales como as Escolas Unitarias, o Salón de Actos e o Ximnasio, todos eles articulados mediante espacios abertos e axardinados.

A disposición da volumetría resolve ademáis, de xeito moi acertado, tanto o desnivel de 12 metros entre as rúas Xazmíns e Xoán XXIII, como a complexa xeometría triangular da parcela na súa planta.
Coa aparente disgregación dos volúmenes ó longo dos 260 metros da parcela, o arquitecto logra unha moi boa integración coa escala humana do entorno e enriquece o espacio interior do edificio mediante a aparición de espacios diáfanos de relación, de amplias escaleiras que absorben os desniveis e se converten en lugares de oportunidade, en lugares para a conversación tranquila e a comunicación de afectos…

A unidade do conxunto, lógrase mediante o emprego dos, xa recoñecidísimos, paneis prefabricados de hormigón tinguidos de cor rosada, que formalizan tanto as partes cegas das fachadas coma os ocos de iluminación natural do edificio, inspirados en solucións xa empregadas por arquitectos coma Alvar Aalto, que garantizan o bo funcionamento do espacio interior.
Deste xeito, unha alongada cor rosada segue a construir o rostro de Compostela, e de novo sen deixarnos indiferentes, a boa Arquitectura fai tamén boa a verba hebrea “effetá”, “ábrete” é dicir ;

Deixémonos emocionar!

 

Obra: Escola de Maxisterio
Arquitecto: Fernando Moreno Barberá