Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade
Día Mundial da Arquitectura 2006

O complexo presidencial de Monte Pío atópase enclavado na cima do monte do mesmo nome, nunca zona de transición entre o espacio urbán da cidade histórica e as hortas periféricas. Este conxunto constitúese coma unha illa dentro do territorio do parque público.

A pretensión do arquitecto ó situar o edificio, foi a de preservar a silueta da colina sobre a que se asenta, e levar a cabo unha intervención de escala reducida, cunha vexetación de pouco porte. Ademais, motivos de seguridade implicaban situarse na cima do monte. Así, o conxunto está orientado ó sur, ó abrigo dos ventos húmidos do inverno,e cunhas vistas extraordinarias da catedral.
Este presencia case obsesiva da mole pétrea da fachada monumental, foi a que reforzou a idea do arquitecto de buscar espacios de intimidade na edificación. A resposta, xa que logo, foi unha vivenda moi sinxela que vai aproveitando as oquedades do chan para distribuírse nunca secuencia de espacios versátiles, enlazados visualmente e organizados en torno a patios que dan profundidade e aportan focos de luz.

Separados da residencia privada levántanse tres pabellóns que conforman a zona representativa e de traballo do presidente da Xunta. A este ámbito accédese a través dunha sucesión de ocos pétreos, ou con diferentes graos de apertura e vexetación, claramente simbólicos: unha praza amurallada de carballos, un espacio aberto con parras,e unha zona húmida semicuberta de vexetación, auga e musgo.

A vexetación, solo suxerida no complexo presidencial, inunda sen embargo o parque circundante: un espacio público de 27.000 m2 de extensión, grandes superficies cubertas de céspede, itinerarios abertos que permiten recorridos moi libres, pequenas plataformas con vistas a fachada monumental da cidade, escaleiras, rampas, bancos e unha fonte, xunto coas novas árbores que enlazan co bosque que xa existía antes da obra. Este parque público configúrase así con uns muros de pedra que se van cubrindo de herba e que representan as pequenas correccións á topografía.

A nova implantación deste edificio cambiou o barrio, pois a súa presencia provocou facer novos viales, cambiar os existentes e dotalos de novos servicios; Ao ser agora un espacio institucional referencia a escala da cidade e de Galicia, o espacio circundante tiña de ser transformado, articulando novos espacios libres e enlazándoos coa trama urbana. Todo se fixo sen grandilocuencia, cunha escala reducida, buscando as referencias nas delicadas convivencias dos muros de pedra e dos campos, os edificios pequenos e as súas hortas.




casa residencial monte Pío

Cartel do Consello da Cultura >>
Noticias:

«Traballar cerca do poder nunca é moi estimulante», La Voz 23.6.2008
"La arquitectura volverá a ocuparse de los hombres", El País 23.6.2008

El arquitecto Manuel Gallego Jorreto critica la "arquitectura del exceso que nos rodea", Galiciae 30.09.2008



Obra: Residencia presidencial de Monte Pío
Arquitecto: Manuel Gallego Jorreto