Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

A Casa dá Conga (ou dos cóengos) edificouse nuns terreos propiedade do cabildo da catedral onde este, posuía unhas edificacións que alugaba a comerciantes para localizar as súas tendas.

O edificio foi proxectado por Domingo Antonio de Andrade en 1709. Este foi o último proxecto do arquitecto, que xa proxectara a torre do Reloxo ou da Berenguela e a Casa da Parra, que forman parte tamén da praza da Quintana, ademais de introducir algúns cambios no deseño de Jesús de la Pena de Toro para o Pórtico Real que se inclúe no peche barroco da Catedral á Praza.
A execución das obras non as puido dirixir Andrade, e foi substituído polo seu discípulo Fernando de Casas Novoa, que puido concluír o edificio en 1713.
O fin inicial do edificio, para o que foi construído, era dedicalo a residencia de cóengos.

A partir da desamortización o edificio dedicouse a Sede de Telégrafos, e así, durante o século XIX, sufriu bastantes alteracións, especialmente no interior, que non foron suficientemente documentadas ata agora.
Xa máis recentemente, o edificio foi obxecto de dúas rehabilitacións de importancia; ambas as dúas realizadas polo Colexio de Arquitectos de Galicia, a primeira para albergar a sede Central, e a máis recente, para situar as oficinas da delegación de Santiago de Compostela.

O edificio orixinal sitúose pechando praza da Quintana polo sur, conformando definitivamente esta. O edificio salva o desnivel que separa as prazas da Quintana e de Pratarías. A fachada que dá á Quintana, é a fachada principal, resólvese cunha composición de pilastras de dobre altura, con festóns verticais reafundidos, o capitel dos cales forma parte da cornixa que percorre todo o perímetro do edificio, conseguindo así unha grande unidade. Deste xeito o edificio queda divido en catro partes, que segundo algunhas fontes coincide co número de casas do edificio (outros pensan que eran soamente dúas casas). Dentro desta trama monumental, desenvólvese outra orde compositiva, coa división destes intercolumnios cunha tripla arcada da metade da orde principal, formando un gran soportal. As aberturas da planta nobre (por enriba das arcadas) corresponden cos seus arcos, reforzando así a orde compositiva do edificio. A existencia deste profundo soportal permite unha distribución de ocos na planta baixa (e na entreplánta) moito máis libre.

A fachada sur corresponde a un aspecto máis sobrio e regular, coas ventás ordenadas verticalmente. Interiormente contraponse a ordenación por seccións transversais pola necesidade de contrarrestar con muros perpendiculares o peso do terreo que se contén, e a ordenación lonxitudinal na planta nobre, dividindo o espazo cun muro lonxitudinal, que confire unha maior liberdade na colocación de ventás na fachada principal e unha maior amplitude espacial.

A rehabilitación que levo a cabo o colexio de arquitectos na á oeste do edificio para albergar a sede colexial, responde ao proxecto do ano 1981 dos arquitectos José Manuel Sanz, Eduardo Castellanos e Luís Cepeda, gañador dun concurso internacional. A rehabilitación abrangue toda a metade oeste do edificio. As súas intencións eran, por un lado, a recuperación da estrutura espacial orixinal do edificio, para conseguir unha percepción unitaria do espazo interior, e a valorización do espazo interior resultante por medio da luz natural por outro, ademais de conectar a sede colexial coa rúa a través da visión que dende o soportal tíñase do novo vestíbulo, tratando de evidenciar o carácter cultural e aberto ao público da nova sede.
A máis recente rehabilitación, levada a cabo polo Colexio para localizar as oficinas da delegación de Santiago de Compostela, circunscríbense á planta nobre e o baixo cuberta da á este do edificio. Nesta intervención hai unha recuperación dos materiais tradicionais, substituíndo os forxados de formigón existentes, por uns de madeira, e intención de obter a maior amplitude de espazos posibles, aproveitando a altura das plantas e a claridade estrutural de edificio orixinal.


Emisión Cero, discurso de Idoia sobre o lema do Día Mundial 2007 >>
Dosier de prensa en PDF >>




Obra: Casa dos cóengos ou da Conga
Arquitecto: Varios
SER 01.10.07
Entrevista Miguel Serrano e Jorge Duarte falan da emisión cero dende a Casa da Conga no Día Mundial da Arquitectura
COPE 01.10.07
Entrevista a Idoia Camiruaga e Iván Andrés sobre a celebración do Día Mundial da Arquitectura 2007.
 
entrevista miguel serra jorge duarte
Idoia Camiruaga e Iván Andres falan sobre o Día Mundial da Arquitectura e a emisión cero