Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

Para celebrar este día, o Colexio organizou unha visita guiada polo edificio escollido, na que se explicaron as súas características e peculiaridades construtivas. A visita contou cun guía de excepción, o propio autor do edificio. Antes, tivo lugar un acto institucional no que estiveron presentes o director xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais de Galicia, Antonio Vázquez; o subdirector xeral de Ensinanzas Especiais, José Mouriz; o director do Conservatorio Profesional de Música, Ricardo Blanco; o vicedirector do Conservatorio, Ángel Villafáfila; o presidente do COAG-Santiago, Carlos Almuíña; o secretario, Miguel Serrano; e unha representante da Comisión de Cultura, Carmen García.

O Conservatorio Profesional de Música de Santiago é un edificio que trata de resolver, cunha linguaxe arquitectónica contemporánea, unha necesidade da cidade: a dun espazo para a aprendizaxe e representación da música. Neste senso, o proxecto resolve moi correctamente as necesidades que plantexa este tipo de uso, distribuíndo e organizando os espazos dunha forma clara. Para os usuarios resulta moi cómoda e eficaz: o edificio responde perfectamente á función para a que foi ideado.

A súa implantación na parcela configura o espazo desta e lle outorga carácter público, ordenando e dotando todo o conxunto de calidade. É un edificio que crea cidade o seu arredor, dialogando co seu entorno dun xeito dinámico e moderno.

O Conservatorio na páxina de José Antonio Franco Taboada >>


conservatorio de música de santiago


conservatorio de música de santiago




Obra: Conservatorio Profesional de Música de Santiago
Arquitecto: José Antonio Franco Taboada