Actividades
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

A entidade colexial destaca neste día seis edificios diferentes en seis cidades galegas polo estreita relación entre o arquitecto e a súa obra coa urbe. No caso de Santiago elixiuse a edificación de vivendas situada no 6-8 da rúa Doutor Teijeiro, obra do arquitecto lucense José María Banet.

Esta mañá reuníronse diante da obra o Presidente da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos, Carlos Almuíña, a arquitecta filla de José María Banet, Teresa Banet, e algúns compoñentes da Xunta Directiva da Delegación compostelana do COAG. Carlos Almuíña quixo salientar a importancia do modelo que creou este edificio que, na súa opinión “é un exemplo do ensanche que puido ter sido e non foi”.

Entre os valores destacables da construcción Carlos Almuíña sinalou a “proporción entre o edificio e a altura que é de baixo e tres plantas”. Pola súa banda, o arquitecto Julián Morenas, coautor dun libro que analiza os traballos de José María Banet e outros arquitectos galegos, insistiu de xeito especial no “diseño de los pequeños detalles que están muy bien resueltos en toda la obra de Banet. Algunos elementos que él introdujo, como una baranda quebrada que se observa en este edificio santiagués, son hoy utilizados por muchos arquitectos”.

O Presidente da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos indicou que os seis edificios que homenaxea o Colexio noutras tantas cidades galegas “son pequenas obras de uso común, mesmo unha edificación como o mercado de San Agustín, na Coruña, está dedicada a algo tan cotiá como é a compra diaria”. A elección destas obras non foi casual, con ela o Colexio pretende “destacar a relevancia de edificios como estes que tamén son obras de arte, teñen unha vida e necesitan dalgunhas reparacións”.

 

Obra: Edificio de vivendas da rúa Doutor Teijeiro
Arquitecto: José María Banet