Día Mundial    Cadernos de Viaxe     Cinecidade

A exposición recolle 35 fotografías de fotoxornalistas dos medios galegos

O fotógrafo ourensán Carlos Folgoso foi o gañador desta edición cunha fotografía dos incendios do verán

ACTO INAUGURACIÓN

Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2011 (Vía Láctea Comunicación).- A sala de exposicións do Colexio de Arquitectos de Galicia acolle ata o 31 de decembro a vixésima segunda edición da mostra ‘Galicia en Foco’, actividade programada pola Delegación de Santiago, que se inaugurará esta tarde ás 20:00 horas na Casa da Conga. A exposición retracta, en impactantes imaxes, a realidade máis destacada de Galicia nestes últimos meses.

A iniciativa, promovida polo Club de Prensa de Ferrol, trata de recoller os acontecementos máis importantes a través da visión dos que foron protagonistas de excepción destes feitos. No acto de inauguración estarán presentes a presidenta da Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia, Ana Domínguez Laíño; o tesoureiro, Santiago Rodríguez; e a secretaria, Mónica Carracedo. Por parte do Club de Prensa de Ferrol asisten o seu presidente, Xan Morales; o vogal de Comunicación, Xoán Rubia; e a profesora da UDC, Ana González Neira.

As fotografías seleccionadas para a mostra publicáronse a finais de 2010 e durante 2011 en diferentes medios de comunicación galegos. Un total de 35 fotografías de fotoxornalitas galegos recollen diferentes momentos políticos, sociais e culturais do ano.

Segundo o Club de Prensa de Ferrol, ‘Galicia en foco’ aglutina todas aquelas imaxes que fan máis humano ao político, aquelas que captan a profundidade dunha mirada, a beleza dun amencer, a ironía dun xesto, a comicidade dun despropósito. “Estas fotos retratan desde políticos que gobernan ata a xente anónima da rúa, festas e desgrazas, a vida mesma, captada pola retina mecánica e precisa dos fotoxornalistas galegos” –destacan desde o Club de Prensa de Ferrol.

A fotografía premiada este ano é obra de Carlos Folgoso (Verín, 1982). É unha imaxe que forma parte dun traballo que se publicou no xornal La Voz de Galicia durante o mes de agosto, titulada Lume na Raia, e realizada na fronteira entre Galicia e Portugal, en concreto, preto do municipio ourensán de Cualedro.

Folgoso é diplomado en Fotografía pola Universidade Politécnica de Catalunya, cun posgrao en edición de imaxe na Universidade de Westminster. Traballou coma fotógrafo de prensa para Diario de Arousa (2008) e La Voz de Galicia en Vigo, Ourense e Santiago. Publicou puntualmente noutros medios coma Deia e El Mundo.

Entre os fotoxornalistas que participan na exposición figuran habituais da prensa diaria como Xoan A. Soler, Pablo Araújo, Miguel Gómez Muñiz, Amador Lorenzo, Xosé Marra, Jorge Meis, José Pardo, César Quian, Antonio García, Jessica Barcala, Javier Quintana e Mónica Vilar, entre outros.

Galicia en Foco naceu en Ferrol en 1989, unha traxectoria marcada polo traballo dos profesionais do fotoxornalismo galego. É o primeiro movemento fotográfico que se realiza desde Ferrol para reivindicar o traballo dos fotógrafos de prensa de Galicia, avalada en toda a súa dimensión pola numerosa participación de reporteros que cada ano se presentan á convocatoria. A mostra permanecerá aberta ata o 31 decembro na sala de exposicións do Colexio, de luns a venres en horario de 11:30 a 13:30 e de 18:00 a 20:00 horas.

A historia do fotoxornalismo

O libro-catálogo ábrese cun traballo de investigación da profesora da UDC, Ana González Neira, sobre os 150 anos de evolución no fotoxornalismo. Neira indica no estudo que a historia do fotoxornalismo caracterizouse polos compases que marcaron os avances técnicos en reprodución e difusión. “Ya en los primeros años del siglo XX se redujo el volumen de las máquinas y se mejoró la calidad de las lentes y películas. Pero quedaba mucho por hacer en el fotoperiodismo, campo donde los objetivos son la inmediatez, rapidez y movilidad para captar la noticia en el momento justo y trasladarla a los lectores” –indica–.

Segundo a profesora, dos flashes de magnesio de principios do século XX, que impedían realizar máis dunha fotografía, pasouse á captura e emisión de imaxes a través de teléfonos móbiles que ofrecen inmediatez na transmisión. “A pesar de los avances en el campo tecnológico quedan pendientes aspectos relativos a los derechos de autor y al reconocimiento de la firma” –explica. Ademais, este traballo profundiza no papel que xogan na actualidade as axencias de noticias, provocando “una homogeneización de la información y creando un fast-food visual”.

 

Amador Lorenzo Antonio García César Quian Carlos FolgosoFOTO GAÑADORA. Lume na Raia. Agosto 2011. La Voz de Galicia Javier Quintana Jessica Barcala Jorge Meis José Pardo Miguel Muñiz Mónica Vila Pablo Araújo Xoan Soler Xosé Marra
Amador Lorenzo1 Antonio García2 César Quian3 Carlos Folgoso4 Javier Quintana5 Jessica Barcala6 Jorge Meis7 José Pardo8 Miguel Muñiz9 Mónica Vila10 Pablo Araújo11 Xoan Soler12 Xosé Marra13
>> Nota de prensa (pdf )
>> Cartel (pdf )
>> Invitación (pdf )

>> Edicións anteriores
       • XXI edición
       • XX edición
       • XIX edición
       • XVIII edición
       • XVII edición