Concurso de anteproxectos para a rehabilitación do antigo cine París do concello de Muros

galego · castellano

Información

Visita ao interior do inmoble existente do antigo cine París.

Publicado no Diario Oficial de Galicia do 9 de xuño de 2011.

O obxecto definido nas presentes bases é o de convocar e seleccionar a proposta máis axeitada, segundo o xuízo do xurado, para a rehabilitación/reforma do edificio do antigo Cine París do Concello de Muros (provincia da Coruña) para uso sociocultural, a nivel de anteproxecto de fase única, mediante concurso aberto, anónimo e con intervención de xurado, segundo o previsto nos arts. 168 e ss. da Lei 30/2007, do 30 de outubro, de contratos (LCSP).

O edificio obxecto do concurso, encóntrase na Avda. Castelao nº 89 do concello de Muros (provincia de A Coruña), e acolleu no seu momento o Cine París da vila.

Ao concursante ou equipo que sexa declarado gañador, segundo o disposto nestas bases, adxudicaránselle os traballos de redacción do proxecto básico e de execución correspondente, para o que se abrirá un procedemento negociado segundo o disposto no art. 158 d) de la LCSP.

Calendario

FaseReferencia Bases Data Efectiva
Convocatoria e basesA partir da súa publicación do concurso en circular e/ou boletín oficial. Circular colexial de 26/04/2011,
BOP Coruña de 04/05/2011,
DOG de 09/06/2011
Acceso ao ContidoNa páxina web do concurso e na secretaría do concello. 26/04/2011
ConsultasSen límite. En todo caso 7 días naturais antes do prazo de presentación. 19/07/2011
Respostas ás consultasPeriodicamente e antes do remate do prazo. Primeiras respostas 10/05/2011
Segundas respostas 13/05/2011
Terceiras respostas 06/06/2011
Admisión de propostas45 días naturais a contar dende a última publicación do concurso. 26/07/2011
O prazo de presentación sería o 24 de xullo. Por ser domingo e o luns 25 de xullo festivo en Galicia, o prazo máximo de presentación será o martes 26 de xullo.
Apertura sobre nº 3Antes de 10 días naturais dende o remate de admisión de propostas.  
Constitución do xurado10 días naturais dende o remate de admisión de propostas. 05/08/2011
Resolución do concurso20 días naturais dende o remate de admisión de propostas. 15/08/2011
Retirada dos traballos non premiados2 meses dende a resolución do concurso. 15/10/2011

Bases

Pliego de condicións administrativas e técnicas

Ante as dúbidas formuladas acerca do posible incumprimento do principio de anonimato por motivo da inclusión das declaracións asinadas polos concursantes no Sobre n.º 2, disponse que as declaracións e anexos que deben incluírse no Sobre n.º 2 vaian contidas en sobres opacos, que indicarán no exterior o seu contido.

Documentación

Documentación gráfica (130.154 kB)

Contén:

  • Plano de situación
  • Planos estado actual DWG
  • Planos estado actual PDF
  • Fotografías estado actual e entorno

Plano de situación e alzado frontal en formato DWG (231 Kb) Incorporados o 13/07/2011

Anexos

Informes técnicos (2.582 kB)

Contén:

Consultas

Pode realizar consultas ata o 19 de xullo (7 días antes do prazo de presentación) dirixíndose ao correo electrónico: concurso.rehabilitacion.muros@colexiodearquitectos.org

Consultas resoltas

Consultas resoltas (actualizado a 21/07/2011)

As últimas preguntas contestadas atópanse en cor vermella.

Visita

Pechouse o período de peticións reguladas para realizar a visita guiada ao inmoble. Os días e horas para acceder ao mesmo comunicáronse consecuentemente e individualizadamente aos concursantes interesados.

Visita ao interior do inmoble existente do antigo cine París

A petición de varios concursantes interesados, anúnciase a posibilidade de acceder ao mesmo para realizar unha visita controlada ao inmoble debido ao seu precario estado.

Dita petición, farase baixo clave para manter o anonimato. Seguindo as instrucións municipais, para ese efecto deberase proceder da seguinte forma:

Antes do 1 de xullo de 2011, ás 13:00 horas, deberase enviar un correo electrónico, segundo a descrición seguinte:

  • Para: concurso.rehabilitacion.muros@colexiodearquitectos.org
  • Asunto: VISITA AO INMOBLE_CONCURSO ANTIGO CINE PARIS_MUROS.
  • Mensaxe: O interesado con CLAVE (indicar 3 números e 4 letras en orden aleatoria), solicita participar na visita guiada que o concello de Muros realizará na semana do 4 ao 8 de xullo para coñecer e ver o interior do inmoble obxecto do concurso de anteproxectos para a rehabilitación do antigo cinema París no concello de Muros.

Recibido este correo antes da data indicada, darase traslado de todas as claves de peticións recibidas ao concello de Muros para organizar a visita, segundo data e hora que determine este, dando cumprido traslado aos interesados.

As referencias contidas nos nomes dos correos electrónicos destruiranse antes do envío ao concello.

Fallo

O xurado reuniuse o pasado 13 de setembro. O fallo do xurado fíxose público o luns 26 de setembro ás 13 horas no Salón de Plenos do Concello de Muros. O acto de entrega de premios terá lugar o vindeiro xoves 29 (na Fábrica de Sel, Muros ás 19:00), nun acto no que tamén se procederá á inauguración da exposición dos traballos presentados, os que resultaron finalistas e os gañadores.

Fallo do xurado (27/09/2011)

Relación de premiados (27/09/2011)

Paneis:

Exposición Concurso de Anteproxectos para a Rehabilitación do Cine París (27/09/2011)

Acta nº 1 do xurado (12/08/2011)

Acordo de designación de representante da Xunta de Goberno no concurso (01/08/2011)

Concello de Muros   - 2011 -   Colexio de Arquitectos