Datos colexiais

Xestionar datos persoais e colexiais

Procedemento presencial

Neste suposto a xestión de datos efectuarase presentando o formulario de actualización de datos correspondente, que debera ser remitido debidamente cuberto e asinado á Area de Administración/Secretaria colexial.

O formulario deberase presentar asinado e debidamente cumprimentado segundo as instrucións que figuran en cada modelo. Acompañarase dunha fotocopia do DNI do solicitante e, en caso de ser necesario, documentación xustificativa do cambio a efectuar. A entrega poderá efectuarse na sede colexial, en calquera Delegación do colexio, ou remitíndoa por correo ordinario ao seguinte enderezo:

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia
Praza da Quintana, 3
15704 Santiago de Compostela

© 2018 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal