Colexio de Arquitectos

formación

91/91

Xornada de asesoramento: BIM en rehabilitación

Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia

Programa

Convocamos unha nova xornada gratuita de asesoramento para colexiados subscritos ao servizo de formación, enmarcada dentro da liña formativa de BIM e enfocada na orientación a colexiados para a transición do CAD ao BIM.

A día de hoxe, gran parte da carga de traballo nos nosos estudios de arquitectura desenvólvese no campo da rehabilitación e intervención en edificios existentes.

As vantaxes da aplicación da metodoloxía BIM á obra nova semellan xa moi evidentes mais, trasládanse tamén aos casos de rehabilitación? Esta xornada ten como obxectivo visibilizar a adecuación e as vantaxes que presenta a metodoloxía BIM cando nos enfrontamos a traballos de rehabilitación e intervención en edificios existentes.

Así, dende a súa experiencia profesional en diferentes campos, os nosos relatores tratarán os seguintes temas, enfocados á rehabilitación:

  • ferramentas BIM
  • da nube de puntos ao modelo
  • estratexias de modelado

Formato e data

  • online
  • xoves 25 de novembro | 18:00h-20:00h 
  • aforo limitado | necesaria inscrición previa
  • data límite de inscrición 24/11/2021 23:59

Nota: o enlace para acceder ao seminario online enviarase na mañá do xoves 25 ao correo electrónico dos inscritos.

Ponentes

Rogelio Carballo

Arquitecto especialista en patrimonio. Usuario de modeladores BIM dende o ano 1998, tanto no uso profesional dentro da disciplina arquitectónica, especialmente no ámbito da rehabilitación de patrimonio histórico, coma no ámbito da formación e experimentación. Boa parte do seu exercicio profesional desenvolveuse aplicando a metodoloxía BIM no campo da intervención sobre o patrimonio arquitectónico, traballando sobre Bens de Interés Cultural. En contacto coa tecnoloxía BIM dende 1.998

Evelio Sánchez

Arquitecto e Máster en Rehabilitación e Renovación Urbana. En paralelo coa súa actividade edificatoria desenvolveu gran parte da súa carreira nos aspectos máis relacionados coa parte económica do mundo da construcción, co foco centrado na valoración de inmobles tanto residenciais coma terciarios e na análise de viabilidade de proxectos inmobiliarios. A súa paixón pola tecnoloxía serviulle para contactar e avaliar os máis diversos aspectos do software relacionados directa ou indirectamente co mundo BIM, adentrándose na automatización de procesos e a programación aplicada á optimización de fluxos de traballo. Apaixoado defensor dos formatos abertos e o software open source. En contacto coa tecnoloxía BIM dende 1.999

Rafael Tenorio

Arquitecto e Máster en Eficiencia Enerxética. A súa experiencia profesional exténdese ao longo de máis de 15 años, repartidos entre a redacción de proxectos de arquitectura, e a execución de obras de infraestruturas. En ambas facetas da súa vida profesional, a tecnoloxía e os procesos informáticos teñen sido medios indispensables para acadar os obxectivos propostos. Parte da súa actividade profesional está enfocada na visualización dixital, campo no que desenvolveo seu traballo coa ferramenta open source Blender. En contacto coa metodoloxía BIM dende 2007.

Fecha y lugar de celebración

Jueves 25 de noviembre, de 18:00 a 20:00

online

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal