Colexio de Arquitectos

formación

32/80

Reunión en relación coa designación do xefe do servizo de arquitectura do Concello de Lugo

Delegación de Lugo do COAG

Programa

Nas últimas semanas temos recibidos varias solicitudes de colexiados, interesados na organización dunha reunión na delegación para a problemática derivada da designación do actual Xefe do Servizo de Arquitectura do Concello de Lugo, relativa ás dificultades para obter licencias nese Concello.

Atendendo a estas peticións, mediante a presente convócasevos a unha reunión para tratar este tema, a cal celebrarase exclusivamente por medios telemáticos, conforme ás recomendacións da Xunta de Galicia de restrinxir ao máximo a interacción social e que terá lugar, a través da aplicación zoom, o vindeiro martes 9 de febreiro, ás 19:30 horas.

A inscrición deberase realizar á maior brevidad posible e, en todo caso, antes das 12:00 horas do vindeiro luns 8 de febreiro.

Ao longo da mañá do martes 9, enviarase aos inscritos o enlace para entrar na sala de zoom da reunión.

Indicacións para conectarse á reunión

  • Se xa tes o zoom instalado no equipo que vaias a utilizar, podes entrar directamente na sala virtual; se non, invítaseche automaticamente a instalar a aplicación. En calquera caso, para facilitar a organización, utiliza por favor o teu nome completo e apelidos cando te identifiques en zoom.
  • Audio e cámara web. Para participar, é necesario que teñas un micrófono activo no equipo (ben integrado -portátiles, tabletas ...-, ben externo -cascos, micro de mesa, ...-) Recomendamos que manteñas o micrófono en silencio excepto cando vaias intervir, para evitar a aparición de ruído. Se non tes micrófono, podes enviarnos as túas achegas ou preguntas a través do chat.
  • En canto á cámara, aínda que é de uso voluntario, recomendamos que a teñas activa. Isto fará que a interacción sexa máis áxil e próxima para todos.
  • Soporte. No caso de que non poidas instalar ou acceder ao zoom, diríxete a informatica@colexiodearquitectos.org e porémonos en contacto contigo.

Fecha y lugar de celebración

Martes 9 de febrero, de 19:30 a 21:00

en liña

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal