Colexio de Arquitectos

formación

32/50

Conferencia: A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura.

Delegación de Santiago

Programa

Co título de “A intervención en Patrimonio como tema de arquitectura”, os arquitectos Mariano Pemán Gavín e Sergio Sebastián Franco impartirán un relatorio centrado nas actuacións realizadas no Real Mosteiro de Santa María de Sijena.

A conferencia abordará a intervención no patrimonio monumental dende a arquitectura contemporánea, reflexionando sobre os procesos de restauración, rehabilitación e adecuación funcional de edificios históricos. A través da experiencia desenvolvida en Sijena, exporanse distintas estratexias de actuación sobre o patrimonio construído, atendendo tanto aos seus valores históricos e arquitectónicos como ás novas necesidades expositivas e museográficas.

 

Ponentes

Mariano Pemán Gavín e Sergio Sebastián Franco.

Fecha y lugar de celebración

Viernes 5 de junio, de 19:30 a 21:00

Sede Afundación. Rúa do Vilar, 19. Santiago de Compostela.

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal