Colexio de Arquitectos

formación

29/29

Perseguindo a historia da cidade a través da súa arquitectura

Delegación de Vigo do COAG

Programa

Pedro Feijoo, acepta a proposta do Colexio de Arquitectos de saír a camiñar o Vigo vello, e coñecelo de primeira man, a través do seu paseo.

Para entender a arquitectura que configura a nosa cidade dende un punto de vista sociolóxico e histórico que conte cómo éramos e que cousas aconteceron como sociedade, e que provocaron inevitablemente o deseño da cidade que coñecemos hoxe.

Pedro Feijoo

Experto e  namorado, na proposta de coñecer Vigo da man dun paseo que, sobre todo, se fai sen présa, devagar, deixando que os nosos pasos se perdan polo mar de anécdotas e historias que conforman a memoria da cidade.

Porque, á fin e ao cabo, esa é a verdade: nada máis hai que saber onde observar con atención para descubrir que entre as luces e sombras da cidade vella aínda permanecen visibles os vestixios das moitas vidas que amalgamaron o Vigo vello.

A eterna vila mariñeira, si, pero tamén aqueloutra que os seus veciños defenderon a ferro e lume en máis dunha ocasión, e o Vigo industrial, e o metropolitano, e mais tamén o corsário.

Fecha y lugar de celebración

Sábado 1 de noviembre, de 11:00 a 12:30

Punto de encontro: Mirador das ruinas do castelo de San Sebastián. (Xusto detrás da torre do concello)

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal