Por mor da celebración da semana mundial da arquitectura, a Delegación de Santiago do COAG organiza unha visita guiada a certas obras de interese dentro do ámbito da Delegación.
Nesta ocasión visitarase o edificio coñecido como “A Casa das Máquinas”, recentemente rehabilitado polo estudio Terán Blanco Palacio Arquitectos. Ademais, nesta visita acompañaranos un dos socios do estudo, Ramón Blanco, quen nos desgranará a través das súas explicacións durante a visita, as particularidades da obra.