Colexio de Arquitectos

formación

25/40

Día Mundial da Arquitectura 2024. Xornada "Procesos de transformación urbana. Deseño colaborativo na produción do espazo público"

Delegación de Pontevedra

Programa

Este ano, o tema escollido pola Unión Internacional de Arquitectos (UIA) é  "Empoderar á próxima xeración no deseño urbano participativo", facendo fincapé no papel dos novos arquitectos na planificación e o desenvolvemento urbano, e animándoos a participar en procesos participativos, achegando novas perspectivas esenciais para o desenvolvemento sostible.

Por iso, e seguindo a recomendación da UIA, dende a Delegación de Pontevedra queremos celebrar este día amosando proxectos exitosos liderados por mozos e mozas que transformaron comunidades e melloraron as condicións de vida urbanas, destacando a importancia do deseño urbano participativo.

 

Ponentes

Taller Abierto está formado por dúas arquitectas, Ana Barreiro e África Martínez, que desde 2013 desenvolven proxectos artísticos e culturais. Entre as súas actividades están a organización de cursos de formación para docentes, o comisariado de exposicións, e os talleres didácticos en museos e institucións privadas. O seu labor no eido da educación, ademais, abarca a produción de material didáctico sobre diferentes temas en soporte físico e audiovisual. Para elas o espazo público e a paisaxe poden ser motor de aprendizaxe, polo que tamén implementan proxectos no que estes son protagonistas.

Estudio Rurban é unha oficina creada por Martín Barreiro Cruz, arquitecto urbanista, e María Masaguer Otero, historiadora e antropóloga, onde un grupo de profesionais traballan convencidos da necesidade de ofrecer novas solucións ás formas que temos de habitar, desprazarnos e empregar o territorio. A reflexión-acción sobre os espazos periurbanos, configura a súa principal liña de actuación e investigación. Ao longo destes anos foron especializándose en distintas áreas de traballo como son a planificación estratéxica, a mobilidade peonil e ciclable, o urbanismo inclusivo, os camiños escolares, entre outras.

Carme Nogueira é unha artista multidisciplinar e investigadora. Traballou sobre os procesos de subxectivización e a función normalizadora dos espazos a través da fotografía, o vídeo e a instalación. Nos últimos traballos esta problemática materialízase nunha serie de procesos de investigación e accións para o espazo público. A partir destas accións e investigacións, e coa axuda de obxectos creados especificamente para cada proxecto, tenta promover situacións que activan ao espectador ou colaboradores no proxecto. Deste xeito pódense xerar outras narrativas e activar arquivos e lugares.

Fecha y lugar de celebración

Lunes 21 de octubre, de 18:30 a 20:30

Casa das Campás. Rúa Don Filiberto, nº 9. Pontevedra

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal