Colexio de Arquitectos

formación

32/40

Arquitectura para un mundo mellor. 50 anos do COAG.

COAG

Programa

O vindeiro sábado 5 de outubro, ás 18:00 horas, no Hostal dos Reis Católicos en Santiago de Compostela, terá lugar un acto institucional de celebración do 50 aniversario da creación do COAG.

Hai pouco mais de medio século que un grupo de arredor de 100 colexiados e colexiadas iniciaron o camiño do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia. Agora, no final dos actos conmemorativos deste 50 aniversario, a Xunta de Goberno, en nome de todos e todas os colexiados e colexiadas actuais, quere ter un recoñecemento para todos eles.

Neste acto procederase tamén á entrega da terceira edición do premio “Arquitectura para un mundo mellor”, a Santiago Martínez Otero (Chago), polo seu traballo en "Forxa Chago".

Ao rematar o acto, ás 19:00 horas, servirase un cóctel para as persoas asistentes.

O acceso a este acto el libre ata completar aforo. Requírese inscrición previa.

Fecha y lugar de celebración

Sábado 5 de octubre, de 18:00 a 19:00

Hostal dos Reis Católicos. Praza do Obradoiro. Santiago de Compostela

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal