O xoves 27 de xuño terá lugar a segunda xornada do ciclo Ciclo “Arquitectura, Arquitectos e Proxectos dixitais en 2024: Mais aló do BIM”. Esta xornada en liña versará sobre o uso da Intelixencia Artificial e o Deseño Paramétrico na elaboración de proxectos de arquitectura e construción, e estará a cargo da mesma Roberto Molinos, arquitecto e Director Xeral de Modelical.
Durante esta xornada, estudiaranse a vantaxes e limitacións do deseño paramétrico na súa apliación a proxectos de arquitectura de calquera escala, introduciranse as aplicacións da Intelixencia Artificial para os profesionais da arquitectura no desenvolvemento do exercicio profesional, así como as aplicacións e casos de uso no mundo da arquitectura e deseño arquitectónico destas novas ferramentas dixitais.
Esta xornada atópase dentro da planificación de accións, divulgativas e formativas que dende a área de formación e innovación do COAG, en colaboración co COAM, está a porse en marcha, encamiñadas a facilitar a formación dos arquitectos en todas as materias relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías ao exercicio profesional. Así, ao longo dos próximos meses, poñeremos á vosa disposición unha serie de xornadas divulgativas e cursos de formación a través dos que tentaremos cubrir as principais demandas nestas materias.
Roberto Molinos é arquitecto (UPC 2007), máster en estruturas (UPM 2010) e é o director xeral de Modelical, unha consultora especializada na dixitalización do sector da construción. Ademais é profesor asociado en IE School of Architecture and Design, onde dirixe o programa avanzado BuiltTech, e onde imparte clases sobre deseño computacional, BIM e xestión da tecnoloxía. A súa experiencia de Roberto abarca desde proxectos multimillonarios de estadios, aeroportos e outras infraestruturas até a implementación de tecnoloxías de deseño en empresas e organizacións de todos os tamaños. Antes de fundar Modelical, Roberto traballou como arquitecto e especialista BIM en Idom e Sener.
Jueves 27 de junio, de 18:30 a 20:30
Salón de actos de Fundación ONCE
C/ Cantón Grande 3, 15003 A Coruña