Colexio de Arquitectos

formación

27/75

I Xornada sobre a Crise da Vivienda _ Diagnose da situación

COAG

Programa

A problemática da vivenda en Galicia está cada día mais presente na sociedade. Os medios de comunicación empezaron a facer visible unha realidade cada dia máis complexa para unha gran parte da poboación. A falta de oferta de vivenda, en especial pública, e de mobilización da xa existente, levou a un incremento constante dos prezos de venda e, sobre todo, de alugueiro. A iso uniuse a presión turística nos centros de moitas cidades e pobos, ademais de cambios nos hábitos de traballo, cun incremento constante do teletraballo.

Fronte a esta situación, o Colexio de Arquitectos de Galicia pon en marcha unha serie de xornadas para diagnosticar a problemática e expor alternativas residenciais que contribúan a mitigar esta situación. Desde unha adecuada planificación urbana e territorial, asi como desde a revisión dos espazos residenciais, novos e rehabilitados, a Arquitectura pode ofrecer estratexias capaces de axudar á transformación desta realidade.

 

Ponentes

Pódese consultar o programa completo aquí

 

Fecha y lugar de celebración

Martes 12 de diciembre, de 16:30 a 20:00

Salón de actos do Museo do Pobo Galego. Costa de San Domingos, 3, 15703, Santiago de Compostela, A Coruña. (mapa)

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal