>> Nota de Prensa  18.11.11 (pdf)
>> Nota de Prensa  22.11.11 (pdf)

A padronesa Cortizo presenta a súa intervención na fachada dun edificio con lamas de protección solar en aluminio

A obra forma parte da nova corporación dunha empresa de mensaxería en l’Hospitalet de Llobregat

Santiago de Compostela, 18 de novembro de 2011 (Vía Láctea Comunicación).- A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia continúa coa celebración das XIV Xornadas de Arquitectura Bioclimática. A sesión de hoxe venres, ás 19:00 horas na sede do Colexio, ten como protagonistas a dúas empresas colaboradoras das xornadas: Cortizo, que centra o seu negocio nos sitemas de aluminio para a arquitectura, e Soler & Palau, especializada en ventilación.

Os encargados de dar a conferencia sobre os produtos de Cortizo serán Domingo Brión, director do departamento de Arquitectura e Ingeniería, e Jorge Álvarez, arquitecto e coordinador de Red TSAC.

A súa intervención centrarase na presentación dunha nova obra que están a desenvolver en l’Hospitalet de Llobregat (Barcelona). Trátase da nova sede corporativa dunha empresa de mensaxería que se atopa en fase de obra, e está ubicada no Distrito Económico do municipio catalán.

Segundo explican os responsables de Cortizo, o inmoble, deseñado polo arquitecto Frederic Crespo, é un edificio rectangular de cinco plantas, con espazos amplos e diáfanos. “Este edificio pretende converterse nun exemplo e referente de sostibilidade aplicada á arquitectura, ao contar con materiais sostibles como un aluminio 100% reciclable ” –indican–.

Refrixeración interior do edificio mediante lamas

Brión explica que o produto máis espectacular que empregaron no edificio foi a lama microperforada de proteccion solar, unha pala de aluminio de 450 milímetros que xira sobre o seu propio eixe.

É un sistema móbil de lamas de aluminio de extrusión que permite a regulación da luz para conseguir aforros na refrixeración interior do edificio, debido á creación de zonas de sombra reducindo a incidencia enerxética. “O edificio terá 1.400 lamas, das que 250 aproximadamente contarán cunha cobertura de mimbre” –apuntan–.

Ventilación segundo o CTE

Por outra banda, o enxeñeiro técnico industrial e responsable do servizo de asesoría técnica de Soler & Palau, Joan Pessarrodona, falará da problemática da ventilación nas vivendas. Este especialista no ámbito da aplicación do Código Técnico da Edificación (CTE) en ventilación, exporá a relación dos factores que deben terse en consideración no momento do deseño dunha instalación, co obxecto de asegurar que a ventilación dun edificio sexa correcta e se adecúe ao novo CTE no referente aos documentos básicos HS3 e SI3.

Explicou estes novos criterios da la ventilación, tanto en vivendas unifamiliares como en plurifamiliares, así como en almacéns de residuos, trasteiros e aparcadoiros, onde hai que ter en conta as problemáticas principais de instalacións en lugares subterráneos.



As xornadas bioclimáticas presentan produtos de acristalamento axeitados para unha redución sensible da demanda enerxética dun edificio

A instalación de fiestras eficientes pode reducir ata o 70 % as perdas enerxéticas a través delas

Eduardo de Ramos: “No es posible continuar acristalando con las prestaciones mínimas que nos exige la normativa del CTE. Hay que elevar los niveles de eficiencia, hasta límites económicamente razonables”

Santiago de Compostela, 22 de novembro de 2011 (Vía Láctea Comunicación).- A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia celebrou esta tarde unha nova sesión das XIV Xornadas de Arquitectura Bioclimática. O relatorio estivo impartido polo director do CITAV de Saint-Gobain Cristalería, Eduardo de Ramos Vilariñob>. Falou sobre o vidrio e a súa participación na envolvente como elemento de aforro enerxético, mostrando a contribución do acristalamento ao aforro a través da limitación da demanda enerxética.

Segundo Vilariño, o cerramento acristalado móstrase como un dos elementos termicamente máis débiles da envolvente dos edificios, aínda que nas construcións modernas téndense a realizar ocos de maiores dimensións que facilitan o aporte de luz natural ao interior das edificacións. “Los niveles de exigencia en la limitación de la demanda y eficiencia energética en los edificios se presentan hoy entre los criterios más importantes a la hora de realizar los proyectos de edificación. Aun así, la consideración inicial no tiene que suponer la renuncia a los grandes espacios acristalados” –explicou–.

Na súa exposición, Eduardo de Ramos explicou a función da dobre participación do acristalamento, como elemento illante térmico pero transparente para favorecer a radiación solar. “Juega un papel muy importante en la eficiencia energética de los edificios y en los niveles de confort alcanzados en el interior de los mismos. Las pérdidas energéticas a través de los huecos acristalados pueden verse controladas en gran medida con los productos de acristalameinto disponibles hoy en el mercado, sin tener que renunciar a grandes espacios acristalados y los aportes de luz natural” –apuntou–.

As fiestras eficientes

Nun horizonte onde o custo da enerxía é cada vez maior, non só hai que valorar o aspecto económico, senón tamén en termos de respecto ao medioambiente e redución de emisións de gases de efecto invernadoiro.

“No es posible continuar acristalando con las prestaciones mínimas que nos exige la normativa. Hay que ir más allá buscando elevar los niveles de eficiencia, hasta los límites económicamente razonables, con un sentido de responsabilidad que implica a nuestro entorno y nuestro futuro. El estricto cumplimiento de la normativa (Código Técnico de la Edificación -CTE) no es suficiente y solo representa el cumplimiento de la ley en sus mínimos, no la mejor eficiencia energética ni una construcción responsable y respetuosa con el entorno” –manifestou–.

Tipos de vidrio: monolíticos, de dobre acristalamento e de Aislamiento Térmico Reforzado (ATR)

Ademais, Vilariño aproveitou o seu relatorio para falar dos diversos tipos de vidrios. Existen vidrios monolíticos, de dobre acristalamento, ata os actuais acristalamentos de Aislamiento Térmico Reforzado (ATR) realizados con vidrios de baixa emisividade, altamente selectivos, que aportan factores solares baixos e altas transmisións luminosas á vez que poden reducir a súa transmisión térmica ata un 75 % da correspondente a un vidrio monolítico. “La evolución del vidrio y los productos vidrieros pone a nuestra disposición soluciones adecuadas para alcanzar niveles de eficiencia energética de los cerramientos acristalados que resultaban impensables hace dos décadas. Una reducción sensible de la demanda energética del edificio y de sus consumos manteniendo unos niveles de confort adecuados no pude ni debe realizarse sin la adecuada elección de los acristalamientos. La instalación de ventanas eficientes puede reducir hasta el 70 % las pérdidas energéticas a través de ellas” –indicou de Ramos–.

A organización destas xornadas bioclimáticas está copatrocinada por Saint-Gobain Cristalería, a través da súa marca SGG CLIMALIT PLUS e os seus licenciatarios en Galicia (CRISTALERIA PADRONESA de Padrón, CRISTALERIA RAMOS e RAMOS de Ourense e SGG GLASSOLUTIONS de Lalín). Este patrocinio permitiu que durante todo o mes de novembro esté presente no hall do Colexio de Arquitectos de Galicia un stand con presenza dos produtos incorporados en SGG CLIMALIT PLUS.

Igualmente, para estas xornadas CITAV contou coa colaboración do Centro para la Investigación y Desarrollo del Acero Inoxidable (CEDINOX), especialistas en fachadas singulares en aceiro inoxidable, para o desenvolvemento dos aspectos relacionados coas solucións neste material para as fachadas lixeiras e muros cortina.