Día Mundial    Cadernos de Viaxe     Cinecidade


NOTA DE PRENSA  03.11.09

O Colexio de Arquitectos de Santiago inaugura o venres as Xornadas Bioclimáticas co arquitecto da T4 de Barajas, Antonio Lamela

Haberá un total de oito relatorios, sobre as diversas escalas da arquitectura sostible

Mañá, ás 19:00 horas, celebrarase a xornada e a exposición coas 37 boas prácticas españolas do concurso internacional de Boas Prácticas - Dubai 2008

Santiago de Compostela, 3 de novembro de 2009 (Vía Láctea Comunicación).- A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) celebrará durante todo o mes de novembro a XII edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática. As charlas terán lugar todos os venres, de 19:00 a 21:30 horas, e sábados, de 10:00 a 14:00 horas, no salón de actos do COAG na Casa da Conga.

No marco destas xornadas, numerosos profesionais e expertos de distintas disciplinas e profesións reflexionarán sobre as posibilidades e solucións bioclimáticas na arquitectura actual. O coordinador das xornadas, o arquitecto Federico López Taetzel, indicou que nesta duodécima edición as xornadas non se centran nun único tema, senón que se destacan "os aspectos máis importantes da temática bioclimática simultaneamente".

O tema fundamental será profundizar nos conceptos de arquitectura vinculados á enerxía, tanto polo desenvolvemento conceptual como pola súa traslación ás obras. Dentro desta temática celebraranse dous relatorios: o primerio deles protagonizado por Antonio Lamela, fundador do macroestudo Lamela Arquitectos (con máis de 150 profesionais en plantilla) e artífice de maxestuosas obras de fama internacional como as ampliacións do Estadio Santiago Bernabéu ou a Terminal 4 do aeroporto Madrid-Barajas. O segundo protagonista desta escala da arquitectura bioclimática será o estudo EXE Arquitectura, composto por tres arquitectos cataláns.

Taetzel explicou outro dos aspectos das xornadas, o tema enerxético. Segundo o coordinador, o problema enerxético en si mesmo explicarase a través do coñecemento de diversos expertos. Nesta ocasión, contarase coa presenza do enxeñeiro industrial e catedrático da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Bao.

A seguinte sesión bioclimática abordará o urbanismo, a cidade e os espazos de convivencia coa experta Ester Higueras. Ademais, falarase da instrumentalización como medio fundamental para plasmar e controlar os proxectos coas opinións da arquitecta Mª López de Asiain, que explicará o papel da radiación solar no deseño de edificios: aproveitamento enerxético ou a protección do exceso de enerxía.

Tamén as empresas que traballan no aspecto bioclimático terán a oportunidade de presentar as súas novidades e avances técnicos o venres-13 de novembro, Siber Ventilación e Sistemas Cortizo (empresas colaboradoras das Xornadas xunto con Velux).

Xornada de boas prácticas e exposición

Nesta edición inclúese dentro da programación xeral unha xornada e unha exposición de Boas Prácticas, que se suman e complementan toda a programación da duodécima edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática.

Así, mañá mércores-4 celebrarase unha Xornada sobre boas prácticas para para mellorar a vida, ás 19:00 horas no salón de actos do COAG (Praza de la Quintana, s/n).

Tamén se inaugurará oficialmente a exposición itinerante de Boas Prácticas seleccionadas polo Comité Habitat Español para participar no VII Concurso Internacional de Buenas Prácticas - Premio Dubai 2008. Contarase coa asistencia do conselleiro técnico da Dirección Xeral de Urbanismo e Políticas de Solo do Ministerio de Vivenda, José Luis Nicolás; a concelleira de Urbanismo e Vivienda do Concello de Santiago de Compostela, Mercedes Rosón; e un membro da Xunta Directiva e tesoureiro da Delegación de Santiago do COAG, Miguel Serrano. [inclúese programa]

Segundo explicou Miguel Serrano, este concurso de Boas Prácticas naceu tras a Conferencia Internacional do Hábitat que se celebrou en Estambul no ano 1996. De aí xurdiu a idea de crear unha especie de decálogo, un libro branco para fixar os principios da sostibilidade da vida urbana e finalmente o Concurso Internacional de Nacións Unidas sobre Boas Prácticas. Desde entón celébrase o concurso internacional cada dous anos onde participan centos países cos seus traballos relacionados coa sostibilidade da cidade. España sempre ten un papel destacado no conxunto de accións, como no 2002, ano no que Santiago de Compostela conseguiu un premio de boas prácticas pola rehabilitación do seu Casco Histórico.

Na sétima e última convocatoria do concuso - Dubai 2008, presentáronse 37 propostas españolas, onde "A Rede de Cidades polo Clima" recibiu a máxima distinción award. Dentro da xornada de Boas Prácticas de mañá mércores expoñerase esta proposta, pero ademais un traballo galeg que alcanzou unha distinción no concurso: A Rehabilitación de edificios no Centro Histórico de Lugo - "Re-Habitando a Tinería".

ANTONIO LAMELA (1926)

Antonio Lamela é doutor en Arquitectura e académico de Belas Artes de San Fernando, fundador en Madrid en 1954 do Estudio Lamela (www.lamela.com). Desenvolveu máis de mil proxectos y pronunciou máis dun cento de conferencias, referentes a súa profesión e ao Humanismo.

Comezou a súa andaina profesional a mediados da década de 1950. A súa obra é unha mostra da evolución da arquitectura española do último medio século e un espello das demandas sociais de cada momento. Foi precursor na aplicación de novas técnicas e métodos de traballo ("arquitectura suspendida" nas torres de Colón, equipos de traballo multidisciplinares).

A súa arquitectura é ecléctica e pragmática. Moitos dos edificios máis emblemáticos de Madrid levan o selo de Lamela: las torres Colón (Madrid), o estadio Santiago Bernabéu e a ampliación do Aeropuerto de Madrid-Barajas coa Terminal 4 (xunto co arquitecto inglés Richard Rogers). En 2006 foi galardoado co Premio Rey Jaime I.

Obras destacadas:

N.B.- Xúntase programa das Xornadas de Arquitectura Bioclimática, programa da Xornada de Boas Prácticas (con imaxes) e fotografía da rolda de prensa

SAÚDOS
Prensa COAG-Santiago
981 55 44 07
www.vialactea.es



Miguel Serrano e Federico López