Día Mundial    Cadernos de Viaxe     Cinecidade



>> Curriculum vitae de Antonio Lamela (pdf)
>> Estudo Lamela Arquitectos e Traxectoria Profesional de Antonio Lamela (pdf)
>> Nota de Prensa  06.11.09 (pdf)



Antonio Lamela avoga por unha recuperación do sector inmobiliario mediante a utilización de novos remedios relacionados co aproveitamento de materiais e novos sistemas construtivos

Cualificou a arquitectura galega como "moi boa", grazas á capacidade de traballo das novas xeracións de profesionais.

Inaugurou este serán a duodécima edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática e mañá sábado ofrecerá un novo relatorio sobre as súas obras emblemáticas, entre as 10 e as 14 horas.

Santiago de Compostela, 6 de novembro de 2009 (Vía Láctea Comunicación).- A Delegación de Santiago do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) inaugurou hoxe a duodécima edición das Xornadas de Arquitectura Bioclimática coa conferencia do arquitecto madrileño Antonio Lamela que realizou un percorrido polos diversos conceptos e principios arquitectónicos, ademais de facer unha análise exhaustiva das súas obras.

Segundo Antonio Lamela, en España a recesión económica é superior ao resto de países, cunha ampla perda de postos de traballo. En concreto a día de hoxe, a promoción de calquera tipo de edificio -vivendas, oficinas, usos comerciais- deixou de ter a rendibilidade e interese comercial que tiña só fai uns poucos anos. "El depósito y almacén de edificaciones es muy amplio y hasta que eso se asuma no volverá a nacer un nuevo horizonte" -destacou o veterán arquitecto.

Segundo Lamela, a economía española está a pagar unha factura polos erros cometidos, polo bum da burbulla inmobiliaria. "Llegó un momento en que la gente se dio cuenta de que las mejores rentabilidades y seguros de empresa estaban en el sector inmobiliario, con la compra de terrenos y productos construidos de arquitectura, ya que tenían una revalorización y rentabilidad superior a otras inversiones".

Ademais, o arquitecto da T4 de Barajas asegurou que unha vez superada a crise económica haberá que buscar novos "remedios" para o sector da construción: ser moito máis conservadores e saber utilizar os materiais e sistemas de construción para sacarlles o máximo partido. O arquitecto indicou que cómpre usar determinadas valoracións da enerxía pasiva, para na medida do posible engadir ás construcións a menor cantidade de enerxía activa, favorecendo o equilibrio medioambiental. "Se deben recuperar recursos tradicionales; la tradición es el poso rico que van dejando las sucesivas civilizaciones" -apuntou Lamela.

A arquitectura en Galicia

Antonio Lamela confesou que a arquitectura galega é sorprendentemente, dado o seu descoñecemento fóra da comunidade, "moi boa", xa que os arquitectos galegos dispoñen dunha gran capacidade de composición, ademais de manter moito respecto ao medio físico que os rodea.

As xornadas continúan mañá cun novo relatorio de Antonio Lamela, a partir das 10:00 horas. Realizará un repaso polas súas principais obras: a construción da T4 de Barajas ou a ampliación do estadio madridista Santiago Bernabéu, entre moitas outras.