![]() |
Miguel Serrano aforro enerxético e ecobarrios 25.11.09 |
Manuel Bao. Conceptos básicos sobre o problema enerxético
O catedrático de Enxeñería Química da Universidade de Santiago de Compostela (USC), Manuel Bao, ofreceu un relatorio centrado nos problemas enerxéticos que xorden nas edificacións e as posibles alternativas de uso. Bao explicou as diferentes propostas para integrar a demanda enerxética nunha vivenda, mentres se reducen ao máximo as ferramentas tradicionais, como o gas ou a electricidade. "Non se debe abusar do consumo da enerxía eléctrica (enerxía nobre) para producir calor nunha vivenda e débense usar no seu lugar bombas de calor ou ciclos combinados que produzan enerxía térmica" -apuntou Bao.
>> Curriculum vitae de Manuel Bao Iglesias (pdf)![]() |
Manuel Bao 23.11.09 |
Ester Higueras. Instrumentos de planificación sostible
A arquitecta e profesora da Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid (ETSAM), Ester Higueras ofreceu un relatorio sobre os instrumentos de planificación sostible. Segundo Higueras para acadar a cidade habitable e sostible é preciso traballar e planificar a través de cinco instrumentos básicos: o deseño de ecobarrios, o Plan de Ordenación Municipal (con criterios ambientais), as ordenanzas ambientais, a rehabilitación enerxética e bioclimática e as Axendas 21. Así o relata a arquitecta nunha dos seus últimos libros publicados, "El reto de la ciudad habitable y sostenible", que presentou hoxe en Santiago.