NIGHTTRAIN
Proposta moi interesante que valora a importancia das Brañas do Sar, integrando na estación intermodal o vial que discorre máis cercano a elas, e propoñendo unha ordenación racional dos usos previstos, mantendo a posibilidade de manter a estación actual

Alua TRTJ
Propón unha liña similar ás anteriores dando resposta aos obxectivos e plantexando e reflexión das comunicacións a nivel territorial.

ENCRUCILLADA
Comparte parte dos criterios anteriores, mantendo a marquesiña actual integrada dentro da nova estación e propón unha conexión axeitada da cidade con Brañas de Sar e toda a parte Sur da cidade.

PROXECTO DA ESTACIÓN INTERMODAL DE SANTIAGO DE COMPOSTELA
Valórase a aposta que se fai por entender as diversas escalas do transporte ferroviario, contra a omnipotencia da alta velocidade.


TIC-TAC-TIC
Fai unhas reflexións moi interesantes sobre todos os temas presentes na convocatoria, incidindo nalgunhas propostas máis novidosas, como a imaxe da cidade que percibe o viaxeiro ao chegar no tren.

Exposicións
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade