Exposicións
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

Omar López, responsable da Oficina do Conservador de Santiago de Cuba: "Apoiámonos no Plan Especial do Casco Histórico compostelán para reorientar a nosa mirada sobre o centro histórico de Santiago de Cuba".

Os colexios de Arquitectos de Compostela e Santiago de Cuba fortalecen a súa colaboración mediante o intercambio de experiencias, becas de formación e unha maior difusión dos traballos de rehabilitación nas dúas urbes, ademais irmanadas. É un experiencia de “ida y vuelta, entre el primer y tercer mundo”, en palabras de Omar López, responsable da Oficina do Conservador de Santiago de Cuba, que compareceu esta tarde en rolda de prensa na Casa da Conga, acompañado pola presidenta e o secretario dos Arquitectos de Santiago, Idoia Camiruaga e Jorge Duarte.

O arquitecto cubano explicou que “podemos brindar nuestra experiencia de una economía frágil a base de ingenio, capacidad práctica, técnicas tradicionales, arquitectura bioclimática y, en definitiva, soluciones acordes a nuestra posibilidades”. Ademais, subliña que o 2 por cento do negocio que move o centro histórico destínase a fondos para a súa rehabilitación.

No tocante á política de restauración de vivendas, López afirma que procuran “implicar á poboación”, tratando de espallar a idea de que “todos somos parte de este proceso de restauración”. Debido ás condicións climáticas da illa caribeña, que sofre ciclóns e chuvias torrenciais a miúdo, o conservador santiaguero indica que se preocupan moito da cuberta, xa que as familias “sienten que tienen casa” se dispoñen dunha boa cuberta “y no se mojan”.

Omar López deu unha conferencia ás oito do serán do luns 14 de xaneiro, na sede do Colexio de Arquitectos, na que profundizou nas políticas de revitalización urbana de Santiago de Cuba: unha urbe de medio millón de habitantes, a piques de cumprir cinco séculos e portuaria, no oriente cubano. A cidade histórica ten 3,2 quilómetros cadrados e, nela, viven 70.000 persoas.

López declara que as súas referencias son La Habana vella e Compostela, e recoñece que se apoiaron no Plan Especial do Casco Histórico compostelán para reorientar a súa mirada sobre o centro histórico de Santiago de Cuba: “Teníamos una visión más sectaria, pero a raíz de conocer la experiencia de aquí, fuimos hacia una visión más organizada, coherente y científica del proceso de recuperación”.

A Oficina do Conservador, que dispón dun cento de profesionais, iniciou os trámites para lograr para o seu centro histórico a declaración de Patrimonio da Humanidade, que outorga a UNESCO.

 

Os colexios de arquitectos de Compostela e Santiago de Cuba prevén intercambios profesionais e formativos

 

 

idoia omar lopez rueda de prensa
Idoia Camiruaga, Omar López e Jorge Duarte durante a conferencia celebrada na sede do Colexio de Arquitectos
ENTREVISTA A JORGE DUARTE 6'52''
PUNTO RADIO 15.01.08
icono pdf
icono pdf
icono pdf
icono pdf
icono pdf
ABC. 14.01.08
EL CORREO GALLEGO. 14.01.08
EL CORREO GALLEGO. 15.01.08
LA VOZ DE GALICIA-SANTIAGO. 13.01.08
LA VOZ DE GALICIA-SANTIAGO. 15.01.08