Xuntas xerais

Guía práctica para a participación telemática

Esquemas gráficos ilustrativos para o colexiado sobre as novas vías de participación, desenvolvemento e prazos da Xunta Xeral

gl   es   Esquemas gráficos ilustrativos para o colexiado sobre as novas vías de participación, desenvolvemento e prazos da Xunta Xeral.

Procedemento paso a paso para darse de alta na participación por via telemática e para as delegacións en formato electrónico

Participación por vía telemática nas Xuntas Xerais - Resultados da enquisa: datos, análise e liñas de mellora

Preguntas e respostas mais frecuentes

¿Cales son as novas vías de participación?

En maio de 2016 incorpóranse novas vías para que os colexiados poidan participar nas Xuntas Xerais:

  • Por un lado, habilítanse os medios para que os colexiados/as poidan seguir, intervir e votar na asemblea de xeito telemático, conforme ao regulamento estatutario establecido para tal fin.
  • Por outra banda, ábrese a posibilidade de realizar as delegacións de voto en formato electrónico.
¿Que requisitos debo cumprir para acceder ás novas vías de participación?

Os colexiados/as poderán votar telematicamente ou delegar a súa representación en soporte electrónico noutro colexiado/a que será quen exerza o voto, segundo as seguintes vías:

  • Poderase participar na Xunta Xeral (seguimento, intervención e votación) por vía telemática. Para acceder á esta vía é preciso darse de alta previamente, asinando o “compromiso de sinatura electrónica acordada” cunha firma baseada nun certificado electrónico recoñecido (DNIe, FNMT, camerfirma, firmaprofesional).
  • Poderase delegar electronicamente a representación co voto delegado. Para facelo basta dispor dunha firma baseada nun certificado electrónico recoñecido (DNIe, FNMT, camerfirma, firmaprofesional).
Participación por vía telemática
¿Por que é necesario asinar o “compromiso de sinatura electrónica acordada” para acceder á participación por vía telemática nas Xuntas Xerais?

É necesario asinar este compromiso para dar validez a un mecanismo de identificación que permita que a participación por vía telemática resulte sinxela e flexible para o colexiado/a.

O cumprimento dos requisitos regulamentarios de identificación do participante por vía telemática (seguimento, intervención ou voto), implica utilizar un mecanismo de sinatura electrónica coas suficientes garantías. Nun principio, os certificados electrónicos recoñecidos pola lexislación, como o DNIe, poderían ser un medio que garantise a seguridade na identificación. Agora ben, a utilización destes certificados presentaría para o usuario unhas moi considerables dificultades de configuración e funcionamento sobre as plataformas  de votación e seguimento propias da participación por vía telemática (navegadores web, dispositivos móbiles, etc), que requirirían dun alto nivel de coñecementos informáticos.

Así, para garantir a identificación do colexiado/a, optouse por un mecanismo de sinatura electrónica baseado no envío dun contrasinal dun só uso (OTP) aos medios de acceso persoal proporcionados polo colexiado/a (teléfono móbil, mail). Este tipo de sinatura electrónica, que fai máis áxil e sinxela as operacións de identificación, é semellante ao que se utiliza, por exemplo, na banca electrónica.

¿É preciso asinar un “compromiso de sinatura acordada” para participar en cada Xunta Xeral? ¿Como se tramita?

Non, basta asinar este compromiso unha soa vez, xa que a súa finalidade é a de darlle validez como medio de identificación ao “contrasinal dun só uso” (OTP).

A tramitación do “compromiso de sinatura electrónica acordada” realízase descargando o formulario correspondente en formato pdf, que se deberá rexistrar na web do Colexio unha vez cuberto e asinado electrónicamente (DNIe, FNMT,...).

En particular, neste documento o colexiado/a proporcionará os datos de correo electrónico e teléfono móbil que empregará para que se remitan as claves para a participación. Será preciso comunicar ao Colexio calquera modificación que se produza nos datos identificativos contidos no mesmo con posterioridade á sinatura, mediante o formulario, e que tras o seu rexistro, se incorporarán como anexo ao compromiso firmado.

Por último, se utilizas un móbil dunha compañía estranxeira, deberás proporcionar o prefixo correspondente.

¿Como se participa por vía telemática? ¿Cales son os requisitos tecnolóxicos que deben cumprir os equipos desde os que se participa?

A participación por vía telemática, posibilita:

  • O seguimento da Xunta Xeral mediante acceso á retransmisión da Xunta por “streaming”. Chegarache un correo electrónico co enlace para seguir a retransmisión.
  • A intervención na Xunta Xeral mediante formulación de rogos e preguntas a través do “chat” do entorno de retransmisión.
  • O voto por vía electrónica dos puntos correspondentes. Chegarache un correo electrónico cando se inicie a votación dun punto, xunto co enlace para facelo.

Pódese participar desde calquera dispositivo (ordenador personal, tablet, móbil) conectado a Internet, que dispoña dun navegador web actualizado. De cara a identificarse nas plataformas, é preciso dispoñer de acceso ao correo electrónico e ao teléfono móbil proporcionados na alta. Antes de canda Xunta Xeral recibirás un correo persoal informándoche sobre o desenvolvemento concreto da mesma.

Delegación en soporte electrónico
¿Cómo delego o meu voto en soporte electrónico?

A delegación de voto en formato electrónico é semellante á delegación en formato “papel”. Deberás descargar, cubrir e asinar dixitalmente (DNIe, FNMT,...) o formulario de delegación e facer chegar o arquivo pdf ao compañeiro/a no que delegas.

Unha vez se rexistre o teu voto delegado, notificaráseche por correo electrónico.

É importante lembrar que se o compañeiro no que delegas vai a votar por vía telemática, só poderás delegarlle o voto en soporte electrónico.

¿Como rexistro os votos que teño delegados en soporte electrónico?

Como colexiado/a que recibes delegacións de votos de compañeiros, deberás realizar o rexistro na web do Colexio coa antelación establecida na convocatoria. O rexistro é sinxelo: basta “subir” os formularios pdf asinados polos compañeiros/as que delegan en ti.

  • O arquivo pdf da delegación deberá atoparse correctamente cuberto e asinado electrónicamente. En caso contrario, a páxina web indicarache o motivo ou erro polo que non se pode rexistrar a delegación.
  • Non poderás superar o límite de delegacións permitidas por colexiado (10). Agora ben, ata o momento do peche do rexistro poderás dar de baixa delegacións rexistradas e incorporar outras novas.
  • O compañeiro que delegou en ti recibirá un correo electrónico informándolle de que rexistraches o seu voto delegado. Do mesmo xeito, recibirá un aviso por email no caso de que deas de baixa a súa delegación no rexistro.
¿É posible ter votos delegados en formato “papel” e en formato “electrónico”?

Se vas a votar presencialmente na sala na Xunta Xeral, poderás presentar delegacións en soporte dixital e en soporte “papel”, sempre que a suma non supere as 10 representacións delegadas. As delegacións en soporte electrónico deberás presentalas no rexistro online coa antelación establecida na convocatoria, mentres que as delegacións en formato “papel” deberás presentalas no rexistro presencial da Xunta Xeral. En calquera caso, no rexistro presencial da Xunta Xeral non se admitirán delegacións en soporte electrónico.

Se vas a votar por vía telemática, só poderás achegar as delegacións en soporte electrónico que outros compañeiros/as fagan en ti. Neste caso, non serán válidas as delegacións en soporte “papel”. Isto establécese por motivos operativos relacionados coa tecnoloxía e a seguridade, xa que é necesario saber con antelación os asistentes telemáticos que portarán delegacións de voto para poder garantir un eventual voto secreto. As delegacións en soporte electrónico deberás presentalas no rexistro online coa antelación establecida na convocatoria.

¿É válida a firma dixital impresa no modelo voto delegado en formato papel?

Por operatividade enténdese que a sinatura dixital para a delegación de voto deberá ser no modelo habilitado en formato electrónico, entendendo como admisible unicamente a sinatura ológrafa na delegación de voto en formato tradicional ou papel.

Cuestións de procedemento (acordo Xunta de Goberno)
¿Cal é a prevalencia de votos en sala fronte a voto telemático?

Por analoxía ó aplicado ate o momento, entendese a prevalencia do voto en sala fronte ó voto telemático realizado por un mesmo colexiado/a para un punto.

¿Cal é a prevalencia de delegación de voto en dous colexiados?

En caso de que se presenten a rexistro dúas delegacións de voto por colexiados distintos para representar a un mesmo colexiado, prevalecerá sempre a primeira delegación rexistrada. O rexistro online do voto delegado en soporte electrónico só permitirá ter rexistrada unha única delegación por colexiado delegante.

¿Como se acota o número de delegacións de voto?

A delegación de voto é unha representación delegada, máis alá dos puntos concretos nos que o colexiado delegue a súa participación. É por elo que o máximo estatutario de delegacións son 10, sen importar se é en tódolos puntos da orde do día da convocatoria ou só nalgún deles. Non é en este caso unha novidade, senón que a implantación da plataforma dixital recolle os usos habituais.

¿Que ocorre se hai cambios na orde do día dunha Xunta Xeral?

As papeletas de voto delegado (en formato papel ou soporte electrónico) publicaranse o día da convocatoria por Circular. Dende ese momento un colexiado/a poderá cubrir a papeleta de voto delegado e asinala facendo referencia a tódolos ou algún dos puntos que se sometan a votación.

No caso, que con posterioridade, se engadan ou elimine puntos da Orde do día manterase o criterio habitual:

  • delegación de voto para todos, entenderase que será para tódolos puntos que finalmente se traten na Xunta Xeral
  • delegación nalgún punto pero non  en todos, entenderase unicamente ese punto.

No caso que o colexiado/a delegante decida ampliar ou reducir a súa delegación de voto, terá que remitir unha nova delegación ó colexiado delegado, para que substitúa na plataforma web a versión anterior.

Dúbidas ou consultas

Para dúbidas ou consultas podes dirixirte ao Panel de Servizos.

© 2024 Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal