Exposicións
Día Mundial
Cadernos de Viaxe
Cinecidade

A súa presidenta, Idoia Camiruaga, indica que se trata dunha actividade para “abrir as portas do Colexio a toda a cidade”

A Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos de Galicia (COAG) presentou hoxe a segunda edición do ciclo de cine CineCidade, que se celebrará a próxima semana entre os días 6 e 10 de outubro. Neste ciclo, que ten como fío conductor a cidade imaxinada, proxectaranse un total de oito películas (en V.O. subtitulada) no salón de actos Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC), en horario de 20:00 horas e 22:15 horas,  con entrada gratuíta. Na presentación oficial estiveron presentes a presidenta da delegación, Idoia Camiruaga; un membro da Comisión de Cultura, Iván Andrés; e por parte do comité organizador do ciclo, Karme García.
“Con esta nova edición o ciclo pretende internarse no mundo das cidades imaxinadas, irreais, ideais, inventadas… creadas por arquitectos, urbanistas, e cineastas” –manifestou Karme García. Segundo a organización, a cidade é un dos temas fundamentais de traballo e reflexión de varios profesionais (arquitectos, urbanistas, economistas ou políticos) que non só se centran nas cidades reais, se non que tamén botan unha ollada ao futuro e imaxínanse outras realidades ficticias. Trátase de ver a arquitectura de cidades protagonistas de varios filmes de ciencia ficción.

Idoia Camiruaga apuntou que o ciclo de cine forma parte do conxunto de actividades programadas desde o Colexio para “abrir as súas portas a toda a xente da cidade”. Ademais, con CineCidade os arquitectos composteláns pretenden facerse un oco na oferta cinematográfica da cidade.

Coincidindo cos actos que se celebran en Santiago para conmemorar o Día Mundial da Arquitectura do próximo luns 6 de outrubre, proxectarase na Praza da Quintana a partir das 20:30 horas o vídeo The Child, de Antoine Bardou-Jacquet, no que unha cidade tipográfica poñerá imaxes á música de  Alex Gopher.

Entre as oito películas en cartel, atopamos variedade de temáticas e escenarios. Dúas proxeccións que non podían faltar neste ciclo son  “Metrópolis”, un filme mudo dos anos 20 do director Fritz Lang e “Blade Runner”, dirixida por Ridley Scout en 1992 e protagonizada por Harrison Ford.

Entre a oferta de películas tamén hai un oco para o cómic, que se ve reflexado en “Immortel (ad vitam)” e na xaponesa “Metrópolis (animación)”, cunha gran carga de tecnoloxía dixital. En “A cidade dos nenos perdidos”, a cidade imaxinada é atemporal con pequenos detalles de cidades reais. En cambio, en “A Isla” o escenario é un contorno natural, creado tras unha catástrofe natural.

Ademais de ver bo cine, no CGAC poderase escoitar e falar do sétimo arte na conferencia que ofrecerá o arquitecto e experto en cine Jorge Gorostiza, Imaxinar a cidade: Ficción e realidade no cine. Nesta charla os asistentes terán a posibilidade de achegarse mediante imaxes e palabras ao cine a ás cidades imaxinadas.

Para consultar polo miúdo os pormenores do ciclo de cine, os interesados en asistir poden consultar a páxina web www.cinecidade.org, onde se inclúe o programa, a sinopse e cartel das películas, ademais dos trailer de cada unha de elas.

 

 

A cidade imaxinada é a temática das oito películas do ciclo de cine organizado pola Delegación de Santiago do Colexio de Arquitectos

 

 


icono pdf DESCARGA EL DOSSIER
Iván Andrés, Karme García e Idoia Camiruaga durante a presentación da segunda edición do ciclo Cinecidade
ROLDA DE PRENSA CINECIDADE 12'49''