Colexio de Arquitectos

formación

110/110

Mesturas. Rehabilitación e intervencións no patrimonio III.

COAG

Galicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo as delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asumen o reto de organizar a primeira edición das xornadas “Mesturas. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia – Portugal” encontros que deben servir para dar a coñecer a arquitectura galega en Portugal e a portuguesa en Galicia, fomentando o intercambio de proxectos e experiencias e servindo de nexo de unión entre a arquitectura dos dous países que, a pesar da proximidade, é agora case inexistente. Os encontros tamén deben de ser un foro de debate que permita compartir puntos de vista sobre multitude de temas de interese común aos que a arquitectura e o urbanismo dan respostas diversas nas dúas beiras do Miño.

A primeira edición das xornadas “Mesturas, Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal”, iniciarase tomando como tema central o da “Rehabilitación. Intervenciones en el patrimonio” e celebrarase os próximos 29 de outubro e 5 e 12 de novembro nas cidades de Vigo e Pontevedra, contando coa participación de destacados arquitectos portugueses, que achegarán unha ampla visión sobre a situación da rehabilitación en Portugal. As xornadas teñen como comisarios aos arquitectos Jose Jorge Santos e Jose Carlos Mera (Santos - Mera arquitectos) de Galicia e Tiago do Vale de Portugal.

Programa

20:00 Presentación do encontro

    Presentación dos relatores

20:15 Inês Pimentel

21:00 Roberto Cremascoli

21:45 Debate aberto

22:15 Clausura de Mesturas

Ponentes

Inês Pimentel (Porto) Arquitecta pola Facultade de Arquitectura dá Universidade do Porto en 2005, realizou colaboracións puntuais co arquitecto Nuno Brandão Costa. Exerce a actividade profesional desde o 2006 realizando nestes anos numerosos traballos de rehabilitación. Roberto Cremascoli (Porto) Arquitecto polo Politécnico de Milán en 1994, reside en Portugal desde 1991 e traballa con Álvaro Siza e João Luís Carrilho dá Graça entre 1995 e 2000. Cofundador do gabinete Cremascoli Okumura Rodrigues arquitectos en 2001, con obras realizadas en varios países e proxectos en asociación con Álvaro Siza. Comisario habitual en proxectos expositivos e editoriais.

Fecha y lugar de celebración

Jueves 12 de noviembre, de 20:00 a 22:15

Sala de usos múltiples de la Delegación del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia en Vigo
Doutor Cadaval 5

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal