Colexio de Arquitectos

formación

122/200

Mesturas. Rehabilitación e intervencións no patrimonio II.

COAG

Galicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo as delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asumen o reto de organizar a primeira edición das xornadas “Mesturas. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia – Portugal” encontros que deben servir para dar a coñecer a arquitectura galega en Portugal e a portuguesa en Galicia, fomentando o intercambio de proxectos e experiencias e servindo de nexo de unión entre a arquitectura dos dous países que, a pesar da proximidade, é agora case inexistente. Os encontros tamén deben de ser un foro de debate que permita compartir puntos de vista sobre multitude de temas de interese común aos que a arquitectura e o urbanismo dan respostas diversas nas dúas beiras do Miño.

A primeira edición das xornadas “Mesturas, Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal”, iniciarase tomando como tema central o da “Rehabilitación. Intervenciones en el patrimonio” e celebrarase os próximos 29 de outubro e 5 e 12 de novembro nas cidades de Vigo e Pontevedra, contando coa participación de destacados arquitectos portugueses, que achegarán unha ampla visión sobre a situación da rehabilitación en Portugal. As xornadas teñen como comisarios aos arquitectos Jose Jorge Santos e Jose Carlos Mera (Santos - Mera arquitectos) de Galicia e Tiago do Vale de Portugal.

Programa

20:00 Presentación do encontro

Presentación dos relatores

20:15 Nuno Brandão Costa

21:00 Carlos Castanheira

21:45 Debate aberto

22:15 Remate da xornada

Ponentes

Nuno Brandão Costa (Porto)
Arquitecto pola FAUP en 1994, onde ensina a materia de Proxecto 4 desde 1999 e se doutorou en 2013. Entre 1992 e 1997, colaborou con Herzog & de Meuron en Basileia en Suiza e con José Fernando Gonçalves & Paulo Providencia en Porto. Profesor convidado en varias escolas de arquitectura, conta con gran número de premios e distincións internacionais.

Carlos Castanheira (Vila Nova de Gaia)
Arquitecto pola ESBA da Universidade do Porto en 1981, en 1993 crea a oficina de arquitectura Carlos Castanheira & Clara Bastai Arquitectos, que conta con numerosos premios. Desde estudante colabora co arquitecto Álvaro Siza en proxectos en Portugal pero sobre todo no estranxeiro.

Fecha y lugar de celebración

Jueves 5 de noviembre, de 20:00 a 22:15

Sala de Conferencias del Museo de Pontevedra. Sexto edificio.
Rúa Padre Amoedo Carballo, 3

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal