Colexio de Arquitectos

formación

113/113

Mesturas. Rehabilitación e intervencións no patrimonio I.

COAG

Galicia e o Norte de Portugal son territorios moi próximos, con linguas e culturas irmás, con orografías e climas similares, que nos últimos anos fortaleceron as súas relacións en moitos ámbitos, pero non no da arquitectura. Por elo as delegacións de Vigo e Pontevedra do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia (COAG) asumen o reto de organizar a primeira edición das xornadas “Mesturas. Encontros Internacionais de Arquitectura Galicia – Portugal” encontros que deben servir para dar a coñecer a arquitectura galega en Portugal e a portuguesa en Galicia, fomentando o intercambio de proxectos e experiencias e servindo de nexo de unión entre a arquitectura dos dous países que, a pesar da proximidade, é agora case inexistente. Os encontros tamén deben de ser un foro de debate que permita compartir puntos de vista sobre multitude de temas de interese común aos que a arquitectura e o urbanismo dan respostas diversas nas dúas beiras do Miño.

A primeira edición das xornadas “Mesturas, Encontros internacionais de arquitectura Galicia – Portugal”, iniciarase tomando como tema central o da “Rehabilitación. Intervenciones en el patrimonio” e celebrarase os próximos 29 de outubro e 5 e 12 de novembro nas cidades de Vigo e Pontevedra, contando coa participación de destacados arquitectos portugueses, que achegarán unha ampla visión sobre a situación da rehabilitación en Portugal. As xornadas teñen como comisarios aos arquitectos Jose Jorge Santos e Jose Carlos Mera (Santos - Mera arquitectos) de Galicia e Tiago do Vale de Portugal.

Programa

20:00 Apertura de mesturas

Presentación do encontro

Presentación dos relatores

20:15 Tiago do Vale

21:00 João Mendes Ribeiro

21:45 Debate aberto

22:15 Remate da xornada

Ponentes

Tiago do Vale (Braga)
Arquitecto pola universidade de Coimbra, colaborou con Pereira & Asociados en proxectos de arquitectura e urbanismo e en 2006 toma a dirección de deseño do proxecto Óscar. Colabora con MW Plan e Arquitectura desde 2008. Con obra publicada en varios países obtivo varios premios internacionais por obra de rehabilitación.

João Mendes Ribeiro (Coímbra)
Arquitecto pola Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto en 1986. Doutorado en 2009 pola Universidade de Coímbra onde é Profesor Auxiliar no Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía. O seu traballo foi Recoñecido con numerosos premios e distincións internacionais.

Fecha y lugar de celebración

Jueves 29 de octubre, de 20:00 a 22:15

Sala de usos múltiples de la Delegación del Colegio Oficial de Arquitectos de Galicia en Vigo
Doutor Cadaval 5

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal