51/70
Somos conscientes das dificultades que existen na contratación pública da arquitectura e o esforzo que se fai dende todas as administracións para conseguir a maior axilidade e calidade na contratación. Dende a publicación da Lei da Calidade da Arquitectura, a necesidade dos concursos de proxectos viuse reforzada pero a falta de experiencias, referencias e ferramentas non conseguiu implementar este método de contratación como base para a administración pública.
Por iso imos presentar unha Aplicación especificamente adicada a esta cuestión, aberta a todas as administracións, que permitirá definir e determinar de xeito moi aproximado o custe dunha determinada obra, uns honorarios de referencia, unha metodoloxía de organización de concursos e uns prazos concretos (que non excederán os dunha licitación pero si mellorarán a calidade dos proxectos seleccionados).
LUCIANO G. ALFAYA_DECANO COAG
JOSEP MARÍA BORREL_IMPSOL
MARTA PERIS_JOSEP MANUEL TORAL
Miércoles 2 de julio, de 11:30 a 14:00
Museo do Pobo Galego. San Domingos, s/n. Santiago de Compostela
© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal