Colexio de Arquitectos

formación

179/500

Xornada e presentación da Asociación Nacional de Mutualistas Arquitectos (ANMARQ)

COAG - ANMARQ

Programa

Conforme ao recollido na circular 14/2024, entre as plataformas de profesionais creadas para reivindicar ante a administración unha pasarela ao RETA, que poida garantir unhas xubilacións dignas para cada unha das profesións, infórmase que o pasado mes de maio un grupo de mutualistas de HNA, crearon a Asociación Nacional de Arquitectos Mutualistas (ANMARQ). A asociación está dirixida a todas as persoas mutualistas de HNA, e a súa principal reivindicación é a mellora das pensións actuais e futuras daquelas persoas mutualistas que actualmente pertencen a HNA, mediante unha ‘Pasarela ao RETA’, coas condicións que a Administración estableza, tanto para as activas como as xa xubiladas da Mutua que así o desexen e cumpran coas condicións que se establezan.

 

Coa finalidade de que as persoas colexiadas interesadas, poidan obter máis información sobre dita Asociación e os seus obxectivos, o vindeiro venres 20 de setembro ás 10,00 horas, terá lugar unha xornada telemática na que intervirá o presidente da Asociación, D. José Javier Mancilla Millón.

 

Nota: o enlace para o seguimento en directo enviarase por correo electrónico aos colexiados inscritos antes das 9:00 do venres 20.

Fecha y lugar de celebración

Viernes 20 de septiembre, de 10:00 a 11:00

Online

© Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia | Contactar | Aviso legal